Centristas comeza unha campaña de firmas para solicitar un segundo pediatra

la voz | tomiño

VIGO

25 feb 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

O grupo municipal de Centristas de Tomiño vén de iniciar unha campaña de recollida de sinaturas apoiando a solicitude dun segundo pediatra e unha enfermeira de pediatría para o Centro de Saúde de Tomiño, que poderían prestar o seu servizo en horario de tarde. A recollida de sinaturas levarase a cabo nas quince parroquias de municipio e presentaranse ante a Xerencia de Atención Primaria e a Dirección Provincia do SERGAS. Tamén presentarán no mesmo senso unha moción para o seu debate en pleno solicitando o apoio da corporación a esta demanda. Explican, dende CdT, que a comezos de 2006 contabilízanse en Tomiño, segundo datos do padrón, 550 nenos menores de 4 anos, 554 de 5 a 9 anos, e 657 de 10 a 14 anos. O que daría un total de 1.761 persoas menores de 15 anos que deberán ser atendidas por un único pediatra na actualidade. Engaden que Tomiño é un dos municipios de maior natalidade da comarca.