O Baixo Miño conta cun millón de euros para obras con cargo ós planos provinciais

torres | tui

VIGO

09 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

A comarca do Baixo Miño recibirá un total de 965.700,08 euros para empregar en obras que cada concello determine incluir en dous planos da Deputación de Pontevedra, o Plan Provincial de Cooperación (PPC) e o Programa Operativo Local (POL). Os concellos deberán comunicar en vindeiras datas á institución provincial as obras que inclúen en cada plan. O PPC suporá para a comarca a cantidade de 421.345,76 euros. Tomiño e Tui disporán de 108.383 euros e 106.134 respectivamente mentres que os demáis contarán con cerca de 70.000. As obras que se poderán realizar con cargo a este plan son, alumeados, cemiterios, recollida de residuos, limpieza viaria, abastecementos domiciliarios de auga potable, alcantarillados, accesos a núcleos de poboación, pavimentacións de vías públicas, e control de alimentos ou bebidas. Respecto ao POL, a cantidade que recibirá O Baixo Miño será de 544.354,32 euros. A tipoloxía das obras que se inclúan neste plan serán as de reformas de mercados, escolas taller. proxectos de canalización ou execución de depuradoras e de infraestructuras básicas empresariais.