Sentía a brisa no rostro. A música soaba na miña cabeza coma cando vas á festa nunha noite de verán. Sentíame xenial naquela maraña de sensacións fermosas. O sol rompe nas nubes do ceo teimudo. As nubes non queren oír chorar á xente. O sol tenta sacar a súa mellor raiola.
Imaxinaba que me durmía nese vai e vén do lixo da area na cara, naquela tarde na que tapaba o bocadillo de queixo para que a area non mo manchase todo.
No Ford Fiesta azul do tío Ramón soaba espléndida música dos Red Hot Chili Peppers, tan picante coma atraínte. Resoaba docemente nos altofalantes, deixando escapulirse polas xanelas a medio baixar. Deixo atrás os libros do bacharelato. Comezo a vivir o mellor verán da miña vida. Non volvía estar no meu dicionario a verba estudar. Quería sentir que no prado da casa dos tíos ía estar soa todo o verán, coa axuda dun papel e o bolígrafo, podendo escribir algo que quizais invente chorando ou rindo. O rum-rum do motorillo do Ford Fiesta roxe coma quen berra nun partido do Celta de Vigo en pleno ascenso a Primeira División.
O acelerador segue baixando porque preciso chegar cedo. Soa polo trebello da música unha doce e estremecente canción dos oitenta. Rock. Rock que che acende o ritmo no corpo, no maxín.
Os dedos báilanme no volante desgastado de tanto rozar o anel de casado do tío e os centos de golpes nos semáforos da cidade eternamente húmida. Empedrada. En Santiago.
Quería chegar cedo. Era setembro. Os exames de recuperación a dez minutos de comezar, e eu, soñando. Soñando co verán que pasou e puido ser mellor.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios