O primeiro que fai Camélia V.?P. ao saír daquel motel é buscar un lugar onde agocharse. A uns cen metros hai unha igrexa e, un pouco máis adiante, un edificio con ladrillos á vista e un baixo onde sobresae a cabina dun camión. Camélia V.?P. pensa en chamar un taxi para regresar á cidade, pero antes debe poñerse a cuberto. Se o construtor consegue atopala está perdida, así que decide coller o teléfono móbil en canto está segura de que non pode localizala. A calor é insoportable e nota que lle tremen as pernas. Tamén lle doen os pés, encollidos entre as apretadas fibelas dos zapatos, pero segue camiñando coma se aqueles tacóns de agulla fosen capaces de facela despegar do asfalto.
Cando pasa diante do camión, os dous mecánicos ocupados na limpeza do vehículo mírana con ollos sucios e desexosos. Un deles, o máis groso e sen camiseta, coas mans ennegrecidas e o pantalón a piques de rebentarlle baixo o embigo, faille unha proposición que Camélia V.?P. rexeita erguendo o dedo grande da man esquerda. Os homes rin ás gargalladas e volven ao seu traballo mentres os movementos de Camélia V.?P. se transforman nunha especie de embistes vacilantes e desconxuntados, como se a cada paso se erguera ante ela unha barreira invisible de calor denso e pesadísimo, convertido nun muro de formigón difícil de atravesar. Recoloca o suxeitador e camiña uns dez metros ata que decide quitar os zapatos e introducilos no bolso. O asfalto é unha alfombra incandescente que lle dá a sensación de estar pisando as brasas dun incendio. Mira de novo atrás, convencida de que en calquera momento pode aparecer o Audi do construtor, pero a estrada segue deserta, difuminándose ao lonxe polo efecto da altísima temperatura. Está arriscando moito. É posible que ocorra algo inesperado. Pode botarse á esquerda, atravesar unha pequena finca e perderse entre uns piñeiros, chamar dende alí un taxi que acuda a recollela. Pero pensa que non, que xa non quere agardar máis e que acaba de presentárselle unha oportunidade para fuxir con maior rapidez.
Alguén rebentou a pedradas aquela marquesiña onde hai unha muller maior que torna o sol cun sombreiro de palla. O autobús emerxe á saída da curva e Camélia V.?P. bota a correr, convencida de que debe aproveitar esa aparición. A muller é a primeira en acceder ao vehículo. Camélia V.?P., xa case sen folgos pero satisfeita por chegar a tempo, coa desenvoltura propia dun escalador, alcánzaa nas escaleiras. O autobús fai o traxecto entre Santiago a Oregón, e quédanlle só dez quilómetros para chegar á cidade. A distancia que Camélia V.?P. debe cubrir para chegar ao seu domicilio na rúa Antonio Puga.
O vehículo ponse de novo en marcha, trazando as curvas con lentitude ata que nunha recta colle a mesma velocidade dun turismo. O condutor é un rapaz novo que atou unha bufanda da selección española de fútbol no cabezal do asento. Ten a radio posta a medio volume e soan Los 40 Principales. Detrás, un motorista achégase como unha bala acabada de saír dun revólver. Apoiada na fiestra e coas pernas estiradas sobre os asentos, Camélia V.?P. acomodouse na parte traseira do vehículo, máis tranquila e lonxe das miradas acusadoras que se lle pegaron á pel mentres ía avanzando polo corredor. Déronlle igual. Roubar é como regresar á liberdade da infancia, e sente un formigo que lle sobe da planta dos pés ata a caluga. A carteira contén unha importante suma de diñeiro. Moitos billetes novos de cincuenta. A súa aportación á causa.
Quen sabe se co esforzo de todas poderán conseguilo.
CAPÍTULO 7
Sen avisala previamente, disposto a darlle unha sorpresa, Rafael B.?D. preséntase no domicilio de Carme M.?T. cun ramo de rosas na man. Fascinado pola personalidade da muller, asume que a doutora non desexa manter ningún tipo de relación estable, aínda que en ningún momento se dá por vencido. Ante tanta insistencia, Carme M.?T. decide rexeitalo definitivamente e non lle ofrece ningunha esperanza
RESUMO
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios