Tarda moito en reaccionar cando escoita a súa voz. Alí está, na porta do apartamento, sostendo aquel ramo de rosas. Non pode crer o que está vendo. Aínda estupefacta, Carme M.?T. esfórzase para atopar as palabras axeitadas.
-Non te esperaba a estas horas. Son as doce da mañá.
Parece que tomou un longo baño de auga fervida. Cara colorada, fronte suorosa, cabelos húmidos e pegañentos. Sorrí coma un neno a piques de subir a un tobogán. Rafael B.?D. está exhausto pola carreira, pero séntese pletórico. Aquel caos é amor, lealdade absoluta, adoración eterna. Emerxe do estómago coma un líquido gasoso que se lle sobe á cabeza.
-Pensei que che faría ilusión verme. O venres, cando tiven que marchar tan cedo, dixéchesme que che apetecía pasar unha mañá comigo.
-Estaba moi durmida. E a esas horas digo moitas tonterías.
-Non me digas que non te alegras da visita.
-Estaste metendo na miña vida sen avisar. E vas demasiado rápido.
Rafael B.?D. achégalle o ramo de flores con decisión. Segue respirando ás arfadas, pero non lle importa que todo o aire do mundo decida fuxir para sempre dos seus pulmóns. Aquela sensación de mareo é moi reconfortante. Sen os seus lentes de hipermétrope séntese como bébedo, incapaz de enfocar os obxectos. Resulta divertido difuminar a Carme M.?T, multiplicala ao seu antollo nun tríptico imaxinario, imaxinar que os seus ollos gozan dunha especie de efectos especiais. Non colleu o ascensor. Necesitaba sentirse lixeiro, libre coma unha besta salvaxe, saltando as escaleiras de dúas en dúas, mesmo de tres en tres, ata o sétimo andar.
-Estás moi guapa.
Carme M.?T. axusta o cinto da bata con forza. Novamente, Rafael B.?D. achégalle o ramo de rosas, disposto a non tolerar negativas. Pensa: «Queiras ou non». Outra vez, Carme M. ?T. rexeita o ofrecemento.
-Deixa iso. Estou farta das túas actuacións, es igual que un neno.
-Hoxe hai un mes que nos coñecemos, Carme.
-¿Resulta tan difícil de entender? Non quero verte a todas horas.
-Estás esaxerando. ¿Non me convidas a pasar?
-Díxenche que nos veriamos pola noite. Deixeino ben claro na mensaxe.
Rafael B.?D. descifra aqueles ollos cravados nos seus. Segundo a súa análise, mírano cunha mestura de desafío e repulsión, como se nalgún lugar dos seus adentros Carme M.?T. se estivese burlando da súa actitude. Aquelas longas pestanas acentúanlle unha mirada subterránea e sensual, misteriosa, como se estivese posando para un fotógrafo que cae rendido ante os seus encantos. Rafael B.?D. entende que debe recuar coma un animal ferido. Obnubilado e cego, posuído por unha fascinación enfermiza. Dálle igual. Dende o primeiro día que se coñeceron, asume deportivamente a súa inferioridade. Mulleres. Carme M.?T. actúa como un xeroglífico.
-Está ben, como queiras. Xa sabes que non me gusta discutir.
-Vaite. Por favor. Que non teña que repetircho dúas veces.
-Polo menos colle as flores- di Rafael B.?D. resignado.
Carme M.?T. agarra o ramo violentamente, imitando as gadoupas dunha fera. Esa é a interpretación que fai Rafael B.?D. daquel movemento rápido e preciso. Despois, a muller vai sacando unha a unha todas as rosas do envoltorio ata que fican esparexidas polo chan. Rafael B.?D. decátase de que está descalza. Encántanlle aqueles pés diminutos, a perfecta morfoloxía exipcia das dedas. As unllas sempre pintadas de vermello. Aquel anel de prata. Cando por fin ergue a cara, negándose a ser derrotado, Carme M.?T. mírao antes de falar.
-Non quero verte máis ?sóltalle-. Isto rematou, non ten sentido. Quería dicircho esta noite, pero adiantácheste. Mellor así.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios