pub
Actualizado La Voz, páxina de inicio
Ir a la Portada

TENDENCIAS Este verán ponche o chapeu

A peza estrela da tempada impón o seu estilo tras saltar das pasarelas á rúa, onde se ve desde pola mañá ata a noite

Autor:
maría vidal
Localidade:
redacción / a voz
Data de publicación:
  • Valoración da noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Grazas.

Na praia, de paseo polo campo, un día de compras e incluso unha noite de copas. O chapeu converteuse na peza estrela deste verán. Nos últimos anos asistimos a tempadas nas que o chapeu só aparecía nas pasarelas de moda ou simplemente era borrado do mapa. Pero este verán regresou con forza para dar o salto da alta costura á rúa. De rafia, de palla, de tea... que os chapeus están de moda é unha tendencia clara, pero iso non quere dicir que se leve calquera chapeu nin de calquera xeito.

Zaira Varela, autora do blogue Cocomode, dános unhas pistas para que podamos estar á última. Esta moza, que se confesa namorada dos chapeus, aposta por introducilos con naturalidade no noso fondo de armario. «Está claro que é un complemento polo que che van mirar, e que hai xente que non quere chamar a atención, pero hai que atreverse a levalo». Esta experta en tendencias sinala que o chapeu é capaz de achegar un «toque de sofisticación» a calquera look sinxelo.

Regresan os turbantes

As pamelas e os borsalinos están salpicando este verán as cabezas dos veraneantes. As de á ancha son un gran complemento para looks de praia e boas aliadas contra os fortes raios de sol. Ademais, Varela recoméndanola en cor negra para unha velada de copas estival. En canto aos materiais, para o verán é mellor optar por materiais naturais como a palla e a rafia e por cores frescas e claros como o branco, o beige e o marrón. Neste sentido o borsalino, similar ao modelo panamá, pero co á máis pequena, é outro dos reclamos estivais, e pode resultar un gran aliado dos vaqueiros e camisetas básicas.

Por outra banda, a moda de levar turbante non é algo que sexa novo ou orixinal, xa que adoita recuperarse cada certo tempo, pero a verdade é que este verán é un complemento que arrasa entre as celebrities, como Kate Moss ou Jennifer López, e timidamente xa se deixa ver na rúa. Non é fácil levalo e hai quen o utiliza para protexer o pelo do sol, pero o turbante imponse tamén pola noite.

 

ENVIAR NOTICIA  

TENDENCIAS Este verán ponche o chapeu

A peza estrela da tempada impón o seu estilo tras saltar das pasarelas á rúa, onde se ve desde pola mañá ata a noite

* Campos obrigatorios
Enviar a:
Os teus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

O seu envío realizouse correctamente

En breve os contactos recibirán en o seu correo electrónico unha ligazón á noticia

Grazas por usar os nosos servizos

Pechar

 

ENVIAR NOTICIA  

Produciuse un erro
Non se puido realizar o envío

Revise os seus datos e volva intentalo

Se se volve producir un erro, é posible que o servizo está momentaneamente non dispoñible. Inténteo máis tarde.

Desculpe as molestias. Grazas por usar os nosos servizos

Pechar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Este verano ponte el sombrero
 
Cargando./
LVDG_PUBLICIDADE_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDADE_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDADE_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDADE_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDADE_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (España)

Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649.