pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.sociedad
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

«Coa compresión non tes consciencia dos graves e dos agudos, xa que non adquiren as frecuencias»

entrevista | eloi caldeiro | Director de la compañía discográfica Sons Galiza Música

Autor:
S. P
Fecha de publicación:

Eloi Caldeiro é músico, poeta e director da discográfica Sons Galiza Música. Como bo melómano considera que a música «é un ben cultural» e intenta «que se aprecie como debe de ser». Recoñece que existe un proceso de cambio no que todo o mundo debe adaptarse.

-¿Como ve a situación actual da música?

-Nunca se escoitou tanta música como agora e nunca se utilizaron tantos medios en peores condicións. Por un lado, os estudos profesionais invisten moitos cartos e gravan en bos estudos e, por outro, a música escóitase cada vez peor.

-¿Cal é o problema?

-Non se utilizan os medios apropiados. Agora se emplean o ordenador e os cascos e isto supón unha perda de medios e é peor a percepción que temos da música. Os grupos, o que facemos é utilizar grandes medios para que o oínte poida disfrutrala.

-¿A comprensión inflúe no son?

-Coa compresión non se aprecia tan ben, o cedé é moito máis frío que o vinilo e cando se comprime e cos altavoces pírricos hai un problema que é que non tes consciencia dos graves e dos agudos, xa que non adquiren as frecuencias. Todo o que esté comprimido perde moita calidade porque almacenas moita música. A propia industria xera estes aparatos porque necesitan vender cousas novas.

-¿Vinilo ou cedé?

-Eu apunto tanto polo vinilo como polo cedé sempre e cando haxa uns bos altavoces e non un ordenador polo medio.

-¿Pódese falar dunha segunda xeración do vinilo?

-Penso que hai unha volta importante. A maioría das fábricas de vinilo desapareceron polo cedé e agora as ventas do disco compacto son máis baixas. Ademais agora con Internet hai a posibilidade de baixarte gratis a música que queiras e isto o que fixo foi mudar moito a velocidade de venta.

 

ENVIAR NOTICIA  

«Coa compresión non tes consciencia dos graves e dos agudos, xa que non adquiren as frecuencias»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«Coa compresión non tes consciencia dos graves  e dos agudos, xa que non adquiren as frecuencias»
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.sociedad
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.sociedad
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.sociedad
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd