GUSTAVO FERNÁNDEZ |
A nova medida para o bacharelato non só parece convencer aos estudantes, senón que profesores e pais tamén se manifestan de acordo con ela.
-¿É unha boa medida?
-A miña opinión particular é que é unha boa idea, porque lles dá aos rapaces de primeiro de bacharelato ánimos para seguir aínda que suspendan.
-¿Pero hai moitos que quedan estancados en primeiro?
-Si, o certo é que son bastantes os que quedan nese curso.
-¿Entón diminuirá o fracaso escolar?
-Ao mellor a cifra de alumnos que rematan o bacharelato non varía moito, pero si que pode animar ao menos a seguir, e mesmo pode rebaixar o fracaso escolar.
-¿Supón un problema para a organización dos centros?
-Non o creo. Os centros organízanse ao principio do curso e non ten por que haber ningún problema, porque ademais non vai haber alumnos que se matriculen das suspensas de primeiro e de todo segundo.
-¿En xeral o alumnado desta etapa está motivado?
-O feito de que sexa xa unha etapa voluntaria fai que o alumnado teña outra mentalidade que non ten na secundaria. Os que veñen, aínda que logo lles resulte difícil e acaben deixándoo, veñen coa ilusión de facer unha carreira ou un ciclo de grao superior.