«A miña poesía é ferramenta para entender aos demais»

m. b. santiago / la voz< / span>

SANTIAGO

20 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Claudio Pato (Ourense, 1962) reaparece na paisaxe da poesía galega con Como estás?, unha obra cualificada de sorprendente. Publicado por Estaleiro Editora, o libro non é un poemario ao uso senón un retrato da vida contemporánea a través do seguimento de distintas personaxes. O propio autor define esta súa obra última «como ferramenta para comprender aos demais e comprender onde todos estamos subidos». Claudio confesa que, despois de escribir este libro, chegou a «atopar cousas que no momento de escribilo non atopaba». O poeta considera que a complexa forma da súa poesía «ten que ver co vehículo que nestes momentos son eu, con todo o que me involucra, cos meus viaxes e os meus amigos». Pato resístese a falar de influencias na súa poesía «porque na escritura a temporalidade non é cronometría capitalista senón temporalidade que atravesa ese tempo físico que a especie humana ten de vida».