pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

«Feito a Man» reivindica unha cultura libre e autóctona

O festival, que se desenvolve nos espazos máis singulares do casco antigo, conta cun total de vintetrés actuacións

Autor:
tere lenza
Localidad:
santiago / la voz
Fecha de publicación:
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

O Festival de Culturas Emerxentes Feito a Man 2011, organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella, tivo hoxe a súa presentación no bar Momo. A edición deste ano desenvólvese durante o mes de agosto, dende o 3 ata o 24, día no que porá punto e final cunha celebración conxunta co Festival dos Abrazos. Durante os quince días que dura haberá unha representación de artistas de orixe galega e internacional que achegarán, música rock, garage, rap, pop, teatro, jazz, música de cantautor, DJs?

Feito a Man leva celebrándose xa nove anos nas rúas de Santiago, co obxectivo de dar resposta ás inquedanzas e á necesidade dunha cultura libre. Ánxeles Porto, membro da Asociación Cultural Cidade Vella, expresou que a idea deste festival é «darlle saída ás iniciativas emerxentes da cidade. Pretende ser unha mostra da esencia cultural autóctona, aínda que inclúe algún artista foráneo». Porto destaca o especial de levar á rúa «a cultura e a arte que durante o ano están nos locais». Tamén recordou que este festival «é o mellor concibido para estas datas, onde hai unha carencia de contidos culturais considerable, e é o máis auténtico; é unha pena que estea en entredito».

Implicados directamente nesta iniciativa están os establecementos cabeceira do festival: A Reixa, Atlántico, Bar Tolo, Borriquita de Belém, Casa das Crechas, Conga, Fraggelrock, Metate, Modus Vivendi, Momo, Ultramarinos e Curruncho. Ademais, colaboran no evento a concellaría de Cultura, o restaurante Dezaseis e o pub Medusa.

As propostas creativas desta edición do festival pasan polas actuación de agrupacións como Matto Grosso + Súper Ratones + Sesión DJ; Aline Frazão Trío; Sergio Tannus Trío; Rafael Fernández Trío & Logan Richardson; Ricardo Parada; Es un árbol Rock absurdo; Coralie Yap Chine Quartet; Planeta Morriña; Chick McAuly, Paddy Duncan & Friends + Davide Salvado; Ultranoite dun Soño de Verán; Flu/Fluzo+Combate de DJs; Alejandro Vargas Trío; Samesugas; Lobalú Aquarela do Brasil; Lou Reyes & Iago Banet e Dirty Socks. Os espazos de arte serán a praza de Cervantes, rúa Tras de Salomé, San Martiño Pinario, Zona C en Bonaval, praza de Feixóo, praza Salvador Parga, Vía Sacra, Rúa de San Paio, A Quintana, rúa de San Miguel e Virxe da Cerca.

 

ENVIAR NOTICIA  

«Feito a Man» reivindica unha cultura libre e autóctona

O festival, que se desenvolve nos espazos máis singulares do casco antigo, conta cun total de vintetrés actuacións

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Feito a Man» reivindica  unha cultura libre e autóctona

Relacionados de la noticia

 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.