O Festigal superou as expectativas cun programa alternativo

La Voz

SANTIAGO

26 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O Festigal congregou onte á tarde arredor de 25.000 persoas, segundo os organizadores, e «superou as expectativas», cun programa moi vencellado á literatura. A primeira hora da tarde aínda había xente fronte aos postos de polbo da carballeira de San Lourenzo. «A principios de século xa chegaba a miña avoa desde o Carballiño», relata Valiña, un dos pulpeiros. Daquela, ao molusco traíano seco e en bois. O resto da tarde, realizáronse actividades «alternativas», con charlas sobre economía, para tender unha man á xente nova «nun momento de desesperanza». Tamén se centraron nas revoltas no norte de África ou na Flotilla de la Libertad. Ademais, leváronse a cabo varias presentacións literarias.