«O teatro non profesional chega mellor a toda a xente»

J. GÓMEZ SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

18 jun 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Ás 12.30 de hoxe Esther F. Carrodeguas dramatiza na praza Roxa Collage, un «xogo literario, composto de 45 tarxetas» que publicou en abril e que presenta por todo o país. Na noite do xoves presentou na Libraría Couceiro o libro do 75 aniversario de Airiños, de Asados (Rianxo), a compañía de teatro máis antiga do país, que ela dirixe. E na última mostra de Teatro Universitario foi actriz de A onda, espectáculo do grupo Teatro da Falúa, onde tivo outras funcións os últimos anos.

Presenta Falúa como «un laboratorio onde experimentamos as nosas ideas teatrais». Forman o grupo 13 persoas mozas. En Airiños dirixe Até que a morte nos separe, adaptación dun texto de Jardiel Poncela: «Actúan 21 persoas, o que é difícil. Só 4 actores teñen menos de 35 anos, o resto son veteranos e non lles dá vergoña nada». Afirma que «o teatro non profesional moitas veces ten máis público e chega mellor á xente».