«Pódense facer tapasatractivas tendo de base as conservas»

C.P. santiago / la voz

SANTIAGO

29 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Co lema Bocados de saúde, a cafetería e restaurante Garum Bistró celebra ate o 10 de abril unhas xornadas dedicas a servir tapas elaboradas a base de conservas ecolóxicas da liña gran selección da conserveira de Vilaboa Cabo de Peñas. O restaurador Manolo Boquete explica que se trata de por en valor as conservas, «porque sempre están nas despensas como plan B, pero non como protagonistas de pratos de calidade que se poden facer con elas, e no caso desta proposta que facemos, tapas moi atractivas e interesantes nas que a base son conservas». A selección dos produtos enlatados que vai ofrecer en suculentas tapas a un euro inclúe bonito, atún, sardiñas, cabala, berberechos, mexillóns e chipiróns. Manolo asegura que coa crise a clientela opta máis polas tapas e as racións,. A súa iniciativa forma parte das actividade que promove a recen creada Asociación Gastronómica Galega COMP & GO, á que pertence o Garum.