pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Director da Fundación 10 de marzo O canto do Galo en Compostela

Unha mostra revive os inicios dunha asociación cultural pioneira

Autor:
santiago / la voz
Fecha de publicación:
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

Esta tarde, ás 20.00, nos locais da asociación cultural O Galo (praza de San Miguel, 5) abre unha exposición sobre esta entidade pioneira, que celebra o 50 aniversario. En xuño de 1961 comezou a andar na cidade e foi a primeira do país, á que seguiron anos despois O Facho na Coruña (1963), e outras moitas nas cidades e nas principais vilas. A mostra abre en horario de 18.30 a 21.00 até o 19 de abril.

Na organización desta actividade colaboran a Fundación 10 de Marzo, a concellaría de Cultura e a propia asociación. «O máis importante é recuperar a memoria da que foi, en Santiago, a primeira iniciativa galega de asociacionismo civil no franquismo, que reivindicou a lingua e a cultura galega con diferentes ferramentas», afirma Ricardo Gurriarán, director da Fundación 10 de marzo.

Resalta iniciativas como a «campaña do peso» e o concurso de teatro Castelao, que contribuíu á dramaturxia con textos importantes de Jenaro Marinhas e Xoana Torres; os cursos de galego, ciclos de conferencias, o traballo para normalizar o idioma na liturxia, ou as exposicións que organizou, entre outras. Precisamente O Galo principiou a andar cunha mostra de pintura e unha conferencia de Vicente Risco, en xuño de 1961, lembra Gurriarán.

Ideas «protopolíticas»

Salvador García Bodaño, Aurichu Pereira, Julio Maside, Mario Orjales, Antón Santamarina ou Óscar Fernández Refoxo foron algúns nomes importante destas cinco décadas.

Nese tempo a entidade tivo varias sedes na cidade. Ventura Cores foi o autor do emblema desta asociación, que funcionou tamén como «un laboratorio de ideas protopolíticas», segundo a define Gurriarán. Os seus promotores querían facer dela un «símbolo de una tarea y una esperanza», e a participación de alumnado universitario ou a influencia de Ramón Piñeiro contribuíron para ese obxectivo. Así se recolle agora nesta mostra, que «recolle tamén unha parte importante da historia cultural da cidade», segundo Gurriarán.

A edila de Cultura, Socorro García, salientou o traballo desta asociación e destacou a importancia que ten que outra entidade, como a Fundación 10 de Marzo, así o recoñeza, e traballen xuntas para celebrar a efeméride.

O actual presidente da asociación, Óscar Refoxo, considera necesario que a sociedade se organice e «reflexione sobre o que está a acontecer coa nosa lingua e a nosa cultura na actualidade», e ese é un dos obxectivos da mostra, afirmou.

«O Galo foi en Santiago a primeira iniciativa galega de asociacionismo civil no franquismo»

Ricardo Gurriarán

 

ENVIAR NOTICIA  

O canto do Galo en Compostela

Unha mostra revive os inicios dunha asociación cultural pioneira

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
O canto do Galo en Compostela
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.