No Centro Sociocultural Agustín Bueno do Castiñeiriño comezará hoxe, ás 20.00 horas, o itinerario da exposición A memoria da xente, que recorrerá diversos varios composteláns. Esta nova proposta, impulsada pola Rede de Centros Socioculturais, pretende «continuar e potenciar as diferentes iniciativas relacionadas coa memoria viva da cidade», segundo manifestou onte a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde. Esta exposición itinerante, gráfica e audiovisual aborda o conxunto da evolución da cidade desde 1900 ata 1975.
A responsable de Cultura destacou que esta exposición, que o 15 de marzo será trasladada ao CSC das Fontiñas, pretende mostrar «as ?historias da vida? a través das xentes, dos oficios, do lecer, das transformacións urbanas, etcétera».
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios