pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

MARCOS VENCe ruibal «Centros de seis países colaboramos en 7 linguas»

Autor:
joel gómez
Localidad:
santiago / la voz
Fecha de publicación:
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

Seis estudantes do IES San Clemente, María José Suárez, Francisco Alonso, María Teresa Balo, Daniel Bonilla, David García-Santamarina e Alberto Rey, xuntamente co profesor Marcos Vence, participaron nun proxecto didáctico que conseguiu premios en convocatorias de España, Grecia e a UE. Foi «unha experiencia moi enriquecedora», afirma este docente.

?¿Como foi ese proxecto de colaboración transnacional?

?Foi un traballo na eTwinning, unha rede que apoian o Ministerio de Educación e outras institucións, activa en 27 países europeos e que busca a colaboración entre centros de diversos países. Ten máis de 120.000 docentes rexistrados e eu interveño nela desde o ano 2005.

?¿E en que consistiu o traballo?

?No curso pasado colaboramos o noso centro e outros de Nájera, Grecia, Francia, Turquía e Romanía. Elaboramos conxuntamente unha historia, que en galego titulamos Pek, a pulga viaxeira, e foi interesante como centros de seis países colaboramos en sete linguas: a autóctona de cada quen e máis o inglés.

?¿En que consistiu a participación do San Clemente?

?O alumnado do noso centro pertence ao ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, e éramos o único de formación profesional. A historia relata experiencias da pulga Pek na visita aos seis países, e en cada un foi elaborada polo propio centro, que facían a versión na súa lingua e en inglés. O noso alumnado coloreou a banda deseñada, coa ferramenta GIMP, que utilizamos nas aulas. Tamén aquí se imprimiu unha revista. Ter unha mostra impresa do traballo que se tiña realizado na Internet con ferramentas informáticas foi do máis valorado polo noso alumnado.

?¿Tiveron algunha axuda?

?Si, da Concellaría de Cultura de Santiago. Iso permitiu que dous alunos ofrecesen un obradoiro de GIMP e banda deseñada no centro sociocultural do Castiñeiriño. Agora o Concello de Vilagarcía tamén ofrece colaboración, e na próxima edición participará un centro desa cidade de Arousa.

?¿Que foi o máis importante para o centro e para o alumnado?

?Para o alumnado serviu para que aplicase na práctica a realidade das ensinanzas do ciclo, e tamén culturalmente porque se traballou a identidade europea, con diferentes linguas, e viron usos moi interesantes das tecnoloxías da información. Para o centro, conseguiu o selo de calidade europeo de Twinning e, alén dos premios, o traballo foi escollido como «proxecto do mes» en España. Agora estamos na segunda edición, con 20 centros, deses mesmos países e máis de Portugal, Italia, Polonia, Bélxica, e experimentalmente tamén Nicaragua.

 

ENVIAR NOTICIA  

«Centros de seis países colaboramos en 7 linguas»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Centros de seis países colaboramos en 7 linguas»
A publicación, en sete linguas, tivo xa varios premios.
Autor de la imagen: SANDRA ALONSO
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.