Roberto Rey gaña o Proxecto Fin de Carreira do colexio de enxeñeiros informáticos

La Voz SANTIAGO/LA VOZ.

SANTIAGO CIUDAD

12 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Roberto Rey Expósito, co proxecto Deseño e Implementación dunha Biblioteca de Comunicacións en Java para Paso de Mensaxes sobre a Rede Infiniband , resultou ser o gañador da primeira edición do Premio Proxecto Fin de Carreira dirixido a estudantes de Enxeñaría en Informática, convocado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). Con este premio, o ente colexial busca achegarse ao colectivo estudantil e defender as vantaxes da colexiación, ademais de estimular o traballo dos estudantes de Enxeñaría e Informática. O proxecto fin de carreira de Rey Expósito, cualificado con matrícula de honra no presente ano pola Universidade da Coruña, soluciona a carencia en Java de soporte eficiente en redes de baixa latencia como Infiniband, a rede máis popular do Top 500. O gañador recibirá o premio o venres nun acto que terá lugar no Hostal dos Reis Católicos.