Atordado polos acontecementos, pero tamén agradecido

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

04 jul 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Di que os muros de San Xerome aínda non o deron abducido e que goza volvendo ao seu despacho na Escola de Enxeñería Técnica «tarde, ás dez da noite, pero adoita quedar alguén con quen falar». Dende hai unha semana aparcou por catro anos a «súa vida anterior» como catedrático de Enxeñería Química, que exerceu na USC durante anos. Pero sen remordementos. A toma de posesión como reitor foi «un momento moi emotivo, a meta da miña vida» profesional e sabe que estes anos terá moita tensión e pouco tempo.