Branca Novoneyra presentou un só de danza e o libro que o inspira

La Voz

SANTIAGO

22 dic 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A bailarina e coreógrafa Branca Novoneyra presentou o poemario Dentro do labirinto da mellor forma que podería facelo unha artista coma ela, cun só de danza creado a partir dos poemas deste libro, Game Over , con música de Isaac Garabatos e Jesús Andrés Tejada, e dirixido por Kirenia Martínez. Branca entra no labirinto transformado nun videoxogo nunha viaxe de movemento e poesía no que busca ata os límites unha saída. No acto celebrado na galería SCQ participou Fernán Vello, director de Espiral Maior, a editorial que publicou a obra.