pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.santiago
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Preparan dous poemarios inéditos do barcalés Ardeiro coincidindo co seu segundo cabodano

Autor:
Emilio Forján
Fecha de publicación:

Onte cúmprironse dous anos do pasamento do poeta barcalés Xosé Manuel López Gómez, máis coñecido por Ardeiro, cuxa pegada humana segue estando moi presente entre os seus veciños e amigos da comarca de Barcala. Algúns deles, e acompañados polos seus fillos, lembrarano hoxe cun sinxelo acto a través dunha xuntanza na parrillada Val de Barcala, en Seoane, onde o poeta acostumaba manter conversas cos seus achegados.

Daránse cita, entre outros, o seu bo amigo, tamén natural da parroquia de Logrosa, ao igual ca Ardeiro, o catedrático e profesor da Uned José Antonio Ponte Far, quen leva tempo traballando na edición de dous libros de poemas inéditos que o poeta deixou escritos e que se espera vexan a luz nos primeiros meses do 2010.

José Antonio Ponte Far puxo estes dous poemarios inéditos en mans de Miguel Anxo Fernán Vello, admirador da obra poética de Ardeiro, polo que a través da editorial Espiral Maior traballaron coa idea de presentalos por estas datas con motivo do segundo aniversario. Non puido ser, e agora esperan facelo nos vindeiros meses.

O catedrático José Antonio Ponte Far avanza que se trata de dous poemarios de moito nivel e de primeira liña, polo que publicaranse os dous fundidos nun mesmo libro. O primeiro deles é o titulado Un tempo de amor, que consta de 43 poemas longos, cunha media de vinte versos cada un. «É un libro extraordinariamente atractivo, escrito no último ano da súa vida, cando non tiña destinataria afectiva, pero que demostra todo ese sentimento de afectividade do amor que tiña Ardeiro», salienta Ponte Far.

O segundo poemario titúlase Voces na diáspora, cunha carga emotiva moi forte sobre «o desarraigo, a nostalxia, as ansias de volver á terra que os viu nacer e que teñen os emigrantes galegos en Cuba que coñeceu Ardeiro, sobre todo na última etapa da súa vida» segundo confesa Ponte Far.

 

ENVIAR NOTICIA  

Preparan dous poemarios inéditos do barcalés Ardeiro coincidindo co seu segundo cabodano

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.santiago
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.santiago
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.santiago
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.