Preséntase no Val de Barcala a asociación micolóxica Sendeiriña cunha exposición en Negreira

La Voz

SANTIAGO

20 oct 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A asociación micolóxica Sendeiriña Nicraria Tamara fará a súa posta de longo cara ao público cunha exposición micolóxica en Negreira este venres 23 e domingo 25, contando coa colaboración do Concello e mailos alumnos do instituto Xulián Magariños. Este novo colectivo xurde trala realización dun curso sobre micoloxía o pasado ano no Val de Barcala.

Co obxectivo de achegar o mundo micolóxico a todas as persoas interesadas, o venres informan que poderase visitar na entrada do instituto Xulián Magariños, pola mañá en horario lectivo e pola tarde de 17 a 19.30 horas, a exposición que serve de presentación ao público deste colectivo que agrupa aos numerosos afeccionados á micoloxía. Xa o domingo 25 pola mañá, a mostra trasladarase á Carreira de San Mauro, onde no exterior das casetas do Pazo do Cotón poderá visitarse a partir das 11 horas e ata o remate da feira dominical. Todas as persoas que queiran colaborar poden facelo achegándose o xoves ao instituto a partir 17.00 horas.