O profesor de Tecnoloxía do instituto Rosalía, Constantino Álvarez Muíña; ademais de catro estudantes de segundo de ESO e outro de primeiro de ESO , foron galardoados no concurso Galicia Innovación, segundo o fallo difundido onte pola Consellería de Economía e Industria. Das sete edicións do certame, no que se valoran deseños e propostas de novos inventos, este centro compostelán concorreu a seis e en todas elas obtivo premios.
Esta vez o alumno Pablo Dobarro Peña foi o gañador absoluto na categoría de 12 a 15 anos, por un traballo denominado Handtracking , e Constantino Álvarez tamén foi recoñecido polo seu asesoramento. Trátase dun sistema de manexo de computador a distancia: «un dispositivo relativamente barato que pode axudar aos usuarios de equipos informáticas, e resulta de especial utilidade para persoas con discapacidade», indica este profesor.
Andrés García Gómez, o único alumno de primeiro de ESO , recibiu un accésit por un sistema de reposición de combustible diferenciado: propón que se coloquen unhas muescas diferentes nas mangueiras das estacións de servizo, de forma que fornezan unicamente un combustible específico, para evitar posibles confusións, e os problemas que orixinarían nos vehículos.
Iago Domínguez Eire recibe outro accésit, por unha funda de silicona para coitelos, que prevén contra cortes no uso dos utensilios, e é hixiénica e de fácil limpeza. E Juan Frade López e Iago Rodríguez Goyanes teñen outro accésit por un llavero antipérdidas: consiste en colocarlle un dispositivo que fai que soe ao caer para así evitar que se extravíe.
Constantino Álvarez destaca que hai maior creatividade en alumnado de 12 a 15 anos que nos maiores, tanto neste centro como en xeral en Galicia. Considera un acerto o proxecto do Parque Tecnolóxico de Galicia e de Feuga, de intentar desenvolver estes proxectos a partir do próximo curso.
En breve os contactos recibirán en o seu correo electrónico un enlace á noticia
Grazas por usar os nosos servizos
Revise os seus datos e volva intentalo
Se se volve a producir un erro, é posible que o servizo está momentaneamente non dispoñible. Inténteo máis tarde.
Desculpe as molestias. Grazas por usar os nosos servizos