Festa na carballeira de Santa Minia con xogos, música e unha merenda

La Voz

SANTIAGO

16 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A Asociación Xuvenil Carballeira, en colaboración co Concello de Brión, organiza na carballeira de Santa Minia (ou no polideportivo municipal, no caso de que chova) a sexta edición da Festa do Dezasete.

Comeza ás 17.00 horas e está programada unha merenda, exposicións de libros, artesanía e agricultura ecolóxica; malabares, xogos populares, música tradicional con pandereteiras, e a entrega dos premios de debuxo e pintura «As letras na Carballeira», en que participaron máis de 150 persoas.