pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.santiago
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Propoñen crear un Consorcio para a Normalización Lingüística

Autor:
La Voz
Fecha de publicación:

A primeira sesión dos IX Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Consello da Cultura Galega (CCG) fixo onte balance da política lingüística desenvolvida nos últimos catro anos desde a Xunta. O CCG salientou «a transversalidade das accións, a posta en marcha das galescolas e o decreto sobre uso do galego non ensino» reclamando a revisión e mellora do diálogo político, social e institucional e a creación dun Consorcio para a Normalización Lingüística.

Os Encontros, aos que asisten máis de cen expertos e técnicos dos servizos de normalización, foron inaugurados por Ramón Villares, presidente do Consello, e Henrique Monteagudo, secretario da institución e director do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, encargado da organización. Non acudiu ningún representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O balance, presentado por Nel Vidal Barral, da Comisión Técnica do Centro de documentación Sociolingüística de Galicia, propón a creación dun Consorcio para Planificación Lingüística, xa suxerido hai dez anos neste foro, «coa finalidade de integrar os esforzos das distintas administracións» e subliña a necesidade de dedicar un 0,3 por cento do presuposto da Xunta a este cometido. Para os autores precísanse «mais planificación, mais recursos e mais participación».

O estudo documenta o descenso constante da partida orzamentaria desde o ano 2005, de xeito que nese ano o orzamento supoñía un 0,22 por cento do presuposto xeral da Xunta, baixando o porcentaxe en 2009 ao 0,17 por cento. O presuposto para Política Lingüística diminuíu un 8,9 por cento.

Polo que se refire a outras propostas para a vindeira lexislatura, o informe suxire asemade «unha política lingüística planificada con obxectivos claros desde o conxunto do Goberno» e máis recursos, «ata un 0,3 por cento do presuposto xeral da Xunta e unha utilización mais eficaz».

 

ENVIAR NOTICIA  

Propoñen crear un Consorcio para a Normalización Lingüística

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.santiago
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.santiago
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.