Lukas Santiago Arqueólogo
O Neixón: historia viva dun castro é o título do documental mediante o que Lukas Santiago quixo plasmar o feito de que o asentamento castrexo aínda é frecuentado polos veciños da parroquia boirense de Cespón, ao ser unha zona de marisqueo e un lugar onde aínda se aproveitan os recursos forestais.
-¿Como xurde a idea de gravar un documental sobre o castro de Neixón?
-Eu estudei arqueoloxía e despois Comunicación Audiovisual. Durante anos traballei nos campos de traballo que no verán se organizaban para escavar no castro de Neixón e pouco a pouco, ao ver o potencial e a historia do asentamento, foi xurdindo entre todos os participantes a idea de rodar unha longametraxe documental.
-Os veciños teñen un protagonismo especial...
-Si, porque aínda están moi vinculados ao castro. De feito, a punta de Neixón é unha zona de moi bo marisqueo, e os que viven na parroquia aínda van a ese monte a recoller, por exemplo, estrume para o gando. Por iso decidimos darlle voz no documental e son eles os que explican, por exemplo, as anécdotas arredor do castro.
-¿Presentástelo a algún concurso?
-Cando aínda estaba sen rematar de pulir, enviamos unha copia ao festival internacional de cine arqueolóxico de Bidasoa e fomos seleccionados. Así que en novembro iremos ao País Vasco para participar na mostra.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios