pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.santiago
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Silvia Penide / Carmen Dor Outras voces para Compostela

Santiago énchese nestes días de voces femininas coa melancolía sacudida polos ritmos, desde o jazz ao pop.

Fecha de publicación:

Compostela estase enchendo de mulleres. Non me refiro as que andan polas terrazas en grupos mentres as súas parellas asisten ao enésimo enterro da furia española por parte dos restos da Unión Soviética. Refírome a que Santiago énchese nestes días de voces femininas coa melancolía sacudida polos ritmos, desde o jazz ao pop.

Terela Gradín e Lucía Martínez, voz a primeira e percusión a segunda, déronlle onte unha volta ao jazz, distanciándose desa imaxe das solistas, buscándolle un acomodo a facer jazz aquí e agora como se fose calquera outra cousa.

Despois do jazz sempre pasan outras cousas. Silvia Penide distingue entre o aire e o vento o que explica a súa visión tirando a poética da vida e con poética quero dicir aquela que non se deixa seducir polo lado científico das cousas. Canción de autor, polo tanto, e sen necesidade de discutir sobre a etiqueta, porque todas as cancións teñen autores, mesmo que non se coñezan. A diferenza é que estas son de Silvia Penide e contan historias de Silvia con ese punto de min para ti. As outras non.

Carmen Dor tamén escribe cancións, así que tamén podería entrar na etiqueta de canción de autor. Pero a xente despistaríase e acusarían de confusión ao xornalismo e todas esas cousas que se din cando alguén quita as etiquetas como quen retira o cobertor de riba dunha cama. Dor canta nese espazo amplo pero concreto que queda baixo o jazz e que utiliza referentes de moitas músicas.

Debaixo do jazz pasan tantas cousas que hai días que todo podería ser jazz e recibir outros nomes diferentes. Pero este que ten, jazz, está moi ben porque non quere dicir nada e quere dicir todo. É a etiqueta menos etiquetadora de todas as etiquetas e quizais por iso a súa resistencia. O que fai Carmen Dor co jazz é utilizar moitos dos seus recursos para aplicalos sobre outras músicas que habitualmente proceden da música popular. Poñamos que o tango ou a bossa nova, poñamos que un alalá. Escritos sobre unha formación jazzística que chama polo próximo, que trata a música con intimidade, que busca a complicidade do espectador e dar cunha plataforma para contar a historia das letras.

Lugar: Teatro Principal. Día: xoves | Horario: 21.00 horas | Precio: 5 euros

Lugar: Salón Teatro. Día: venres | Horario: 22.00 horas | Precio: 10 euros (6 con descontos)

 

ENVIAR NOTICIA  

Silvia Penide / Carmen Dor Outras voces para Compostela

Santiago énchese nestes días de voces femininas coa melancolía sacudida polos ritmos, desde o jazz ao pop.

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
Outras voces para Compostela
Carmen Dor e Silvia Penide nos seus recentes concertos en Ourense
Autor de la imagen: | MIGUEL VILLAR
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.santiago
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.santiago
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd