pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.santiago
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Entrevista | juan simón torre expósito médico no centro de saúde ordense «Vou seguir en Ordes»

O facultativo pensou en emigrar a Portugal pola inestabilidade laboral en Galicia, pero co apoio dos veciños desbotou esa idea

Autor:
Ángel Paniagua
Fecha de publicación:

Juan Simón Torre Expósito (Villaseca de Laciana, León, 1961) andaba dándolle voltas á cabeza. Pensaba en marchar a Portugal para ter certa estabilidade laboral que non atopaba no Sergas tras quince anos. Os últimos doce foran no centro de saúde de Ordes e todo apuntaba a que Sanidade o movería da súa praza de interino. Pero nesas, un grupo de veciños empezou a recabar sinaturas para que a Consellería non o movese. Nun concello de 12.300 habitantes, case 3.000 deron o seu apoio. Torre, tamén concelleiro por Nova Alternativa, é fillo dun mineiro de León. Aos catorce anos chegou a Galicia e xa non marchou. E quere quedar.

-Case 3.000 persoas asinaron papeis para pedirlle á Xunta que vostede quede en Ordes.

-Estou moi sorprendido, non esperaba isto. Cando empezaron case estaba en contra, porque parecía que era someterme ao xuízo popular. Agora só estou agradecido polo apoio. E moi sorprendido, porque é considerable. A xente aínda pregunta onde se pode asinar, aínda que as sinaturas xa se entregaron á Consellería de Sanidade porque querían levalas antes das vacacións. Isto faime coller aínda máis cariño ao concello. E cuestiónome que facer, se traballar na Seguridade Social ou non. Pensei incluso en marchar a Portugal.

-¿Está seguro de que o van mover?

-Eu fixen a oposición no ano 2006 e tiven unha boa nota, un 7. Había 135 prazas, e hai unha porcentaxe para discapacitados. Entrarán os dous de 9 e algúns de 8. Eu teño un 7. Calculo que me moverán. Probablemente non consiga praza. Hai dous anos e medio, o PP fixera unha oposición extraordinaria regalada para os interinos e con escasas prazas de estabilidade laboral. Esta era a ordinaria. Pero a oposición máis dura é a da opinión pública dos pacientes.

-Vostede tamén é concelleiro. Se marcha, ¿como vai facer?

-Non quero mesturar o profesional coa miña actividade política. Eu estou moi agradecido e moi satisfeito co labor destes anos. Hai dous anos pensaba incluso en deixalo e buscar outro traballo.

-Se os propios pacientes queren que quede, ¿por que o moven?

-Aquí non hai estabilidade. É un problema de xestión, de falta de interese pola calidade do servizo. Pero con isto das sinaturas, teño que quedar en Ordes, teño que cumprir cos veciños, síntome en débeda. A idea de Portugal desapareceu. Teño que seguir traballando cos veciños, igual non no centro de saúde, igual teño que buscar outro traballo. Pero con este apoio non podo marchar.

-A súa profesión ten moita inestabilidade.

-Pasan cousas como o de Cataluña, onde chegaron moitísimos médicos sen título homologado. É desesperante ter que preparar un exame aos 46 anos cando escoitamos que faltan médicos. Hai pouco déronlles praza a traballadores que levaban en empresas filiais da Xunta dende 1998 e sen oposición. Eu son interino en Ordes dende 1996.

-E no Sergas leva...

-Uns quince anos. Tiven substitucións en Boiro, Noia, Trazo, Arzúa...

-¿E as sinaturas cambiarán algo?

-Non sei, é decisión da administración sanitaria. A min si que me cambia. Non me irei a Portugal, seguirei no concello de Ordes. Verei a oferta que me fai a Seguridade Social e decidirei se a acepto. É unha cousa que non se pode esquecer. O único que fixen foi traballar. É un grande apoio persoal, un agasallo enorme. Ademais, estouno vivindo, non como cando a alguén lle dedican unha rúa a título póstumo. É máis importante o apoio dos veciños que a decisión de Sanidade. Penso que a relación médico-paciente, que non se valora nas oposicións, quedou avalada. Esta é a oposición verdadeira.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | juan simón torre expósito «Vou seguir en Ordes»

O facultativo pensou en emigrar a Portugal pola inestabilidade laboral en Galicia, pero co apoio dos veciños desbotou esa idea

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«Vou seguir en Ordes»
Juan Simón Torre nun pleno da corporación municipal
Autor de la imagen: | XOÁN A. SOLER
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.santiago
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.santiago
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd