«Reformaremos a Casa-Museo de Rosalía según as tendencias»

La Voz M. G. | SANTIAGO

SANTIAGO

En dos minutos | Helena Villar Janeiro ESCRITORA Tras xubilarse pensando en escribir, a autora deixa agora a literatura catro anos co obxectivo de presidir a Fundación Rosalía, para a que ten xa varios proxectos

12 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

? poeta e narradora galega afronta esta nova etapa como presidenta da Fundación Rosalía de Castro cunha grande ilusión. Sen vacacións porque ahora ten que atender un gran fogar e «poñelo a andar» como é a Casa da Matanza, a medio camiño entre a súa residencia en Santiago e a casa de vacacións en Rianxo. -Asume a presidencia xusto co cambio político. ¿É só unha casualidade? -Si, é curioso. A miña candidatura foi feita pública hai tempo, pero fun tomar posesión o mesmo día que Touriño. Non sei se terá simboloxía. Esto é moita casualidade. -Agora terá que arrinconar a escrita literaria. ¿Non se lle fará moi duro? -Eu xubileime para escribir, pero agora xurde esto e vai ser así. Pero vale a pena. Teño un proxecto para catro anos e despois a ver que pasa. Supoño que vou gastar moito tempo nun labor que me apaixoa. -¿Cales son as liñas que vai seguir no futuro a Fundación Rosalía de Castro? -Hai liñas como a pedagóxica nas que vou traballar moito, porque Rosalía é a gran pedagoga galega. Temos que consolidar o premio Rosalía de Castro para experiencias pedagóxicas. Tamén intentataremos facer unha aula pedagóxica para escolares, con material de traballo, lúdico e de aprendizaxe. Esto vouno coller con moitísimo cariño. -¿Cales son os proxectos que garda para o Museo? -Temos o proxecto de remodelalo para que esté dacordo coas tendencias museísticas. A comisión executiva en funcións teremos unha xuntanza a primeiros de setembro para programar o plan de actividades. No discurso da toma de posesión había vinte obxectivos entre os que está encardinar a Fundación Rosalía de Castro na sociedade, retomando aquelas partidas coas que os concellos axudaban ao seu labor.