Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Sede de verniz e viño

Autor:
Xosé Carlos Carracedo
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 20:25 h
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

Contaba aquí e alí o fermoso amencer no que está transcorrendo a súa vida. Ese amencer pálido de emocións virxes que a súa postraumática adolescencia lle provocaba. Afables ardores do augardente na traquea máis abrupta do corazón que respira aquelaban esa a súa alma. Dono do campo emotivo do hipotálamo, o corazón dese mozo continuaba nun intenso divertimento de latidos insospeitados. Nunha desoladora, quizais, alegría intensa pola pena acadada e que en ocasións xogaba ás escondidas... Paseando polo camiño que Robert Frost camiñaba por ser pouco transcorrido. Vivían alí volátiles bolboretas das cores máis tenras da ampla gama do delicioso arco da vella ou do triunfo que tantas emocións acadaban. Cores fermosas, estas, que transpiraban na súa respiración e que a soidade dos gnomos lle inspiran. Nun intre, unha alma en pena contaba os aires do Courel ou de Versalles. Tanto tiña, porque de tose do conduto das máquinas o vento se cubría... Daquela alma, coñecida por todos, o viño era o máis pedido e miles de bágoas alcoholizadas tivera el que reiniciar na robusta madeira das cuncas... Xenio da apoteoses, a súa borracheira emocional era tamén permanente e só as pombas mensaxeiras das cartas perdidas aquelaban o que estaba a pensar e que traquea lle conviña emocionar. ?Que fas aquí pequeno forasteiro que foxe dos camiños e non ten idade de conducir? A pregunta era de alguén que soñando que servía viño, e que era dono dos vidros e da citada robusta madeira das cuncas, decatouse de que fervía por beber. Deixando de soñar contemplou que era no seu espello onde as bágoas oxidaran a madeira sen verniz. No camiño que o mozo andaba. O amencer espertaba o sono e por iso el pechaba as persianas...

 

ENVIAR NOTICIA  

Sede de verniz e viño

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

Cargando
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.