pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Dúas sen tres

Autor:
Gumersindo Álvarez Reza
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 20:37 h
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

¡Vinte anos exiliado! Fuxira cruzando os bosques da fronteira guiado por Luís, o pai. Do fato dos perseguidos só el, Adrián, ceibárase. A metralla no pulmón do vello completara o drama; deixáraos atrás. Rematara de xornalista contra a Ditadura . «Non volvas» -aconselláralle o pai nunha aperta. O primeiro intento: Transcorreran dez anos e non aguantaba máis. «Tiña que volver».

A pesar do pelo rapado, dos lentes de contacto, do bigote e barba, da roupa desleixada? pillárano. Cachárano polo instinto da funcionaria Sole, quen percibira nel algo estraño: «Non era un turista máis». Interrogado, extraditado como «persoa non grata», a súa fe revolucionaria ficara polo chan ao ollar na televisión a represión contra os camaradas: Sara, a revolucionaria manca, morrera -tiroteada pola milicia- cando difundía propaganda coa imaxe de Adrián e a consigna «¡Volve con nós! ¡Axúdanos!».

O segundo intento: Nove anos despois, chegara carta da nai: «O teu pai, moi grave». Cando lle permitiran visitalo, o proxenitor, cos pulmóns desfeitos, xa non falaba, boquexaba sangue, moveu dedos e ollos amosando agradecer o encontro co fillo que repetía «Volvín, ¿oes?, volvín». Inxenuo, caera na trampa do xefe da propaganda? do mesmiño xeneral Paúl. Retransmitiran o reencontro, a agonía e deseguido a incineración, amosando esa humanidade tan oportunista do Réxime. Minutos despois dous axentes de paisano, Ted e Bob, trasladaron a Adrián ao aeroporto.

Alí coméronlle a moral, mostrándolle os recentes módulos de recoñecemento que impedirían que xamais volvesen entrar traidores -batéronlle nos riles. «Filtros» -chamábanlles, que superaban á pericia de Sole. «Neles estades todos fichados, figuran as vosas claves antropomórficas, con que non volvas, ¿ei?». Pateárono nun recanto, feito un nobelo, roto. Deixáronlle un anaco de lecer. No avión, Adrián gozaba coa visión da súa terra, máis e máis distante. Xurou: «Volverei». Foi entón cando procederon os escoltas. Xa sobrevoaban o océano. Xamais habería un terceiro intento.

 

ENVIAR NOTICIA  

Dúas sen tres

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.