Sacudiuse alporizada coma unha cadela de augas. Unha, dúas, tres? trinta veces, ata que non quedou nada que se movese. Ou polo menos, iso era o que pensaba. Facía moito tempo que desexaba acabar con todo. Estaba cansa de aturar tódalas falcatruadas que lle facían os seus inquilinos. Ao comezo aquilo era un bo sitio onde vivir. Un lugar realmente fermoso, con moita luz, natureza e vida esplendorosa polos arredores. Estaba satisfeita, alí sentiríanse a gusto.
Pero nunca foron pacíficos e de bo vivir, pelexaban a miúdo, non lles importaba nada máis que eles mesmos, facía xa moito tempo que alí non se respiraba, a auga era cada vez mais noxenta e tódolos veráns queimaban todo canto había. Ían desaparecendo os animais.
As veces pensaba que aquilo tiña arreglo: recapacitarían e acabarían poñendo solucións, pero lonxe diso todo empeoraba. Cada vez eran máis, aquel lugar xa non era abondo para todos. Uns, os menos, acaparaban os mellores recunchos, as mellores viandas e a meirande parte deles malvivían co pouco que quedaba, pero ninguén lles facía caso.
Un día non puido máis.
-¡Acabarei con eles!- E púxose mans á obra, sacudiuse, sacudiuse? e por fin sentiuse liberada. -¡Xa non estragarán máis a miña casa, deixaran de emporcalo todo e por fin terei un pouquechiño de paz!- Mentres se sacudía saían despedidos cara o infinito unha morea de seres. Pouco a pouco foise tranquilizando. -¡Xa está! ¡xa non queda ninguén! Aquela noite foi máis silenciosa e escura ca ningunha outra.
Alí, no medio da nada, moveuse unha sombra. Con paso decidido achegouse ata outra sombra que tamén se movía. Non se movía nada máis. Non os cubría un miserable farrapo, pero non lles importaba.
-¡Deus santo esta vez a terra tremeu tanto que non debe quedar ninguén máis ca nós!
-É verdade, eu levo varios días agochada debaixo desa árbore, non fun quen de moverme e iso que había pendurada unha serpe, estaba tremendo co medo, alégrome tanto de atoparte?
-Eu tamén me alegro. Teño moita fame, ¿queres unha mazá?
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios