Son María e encántanme as lendas galegas, pero a miña favorita, é unha que me conta a miña avoa.
Conta que en Galicia houbo unha vez dúas xemelgas chamadas Anaira e Ariana. As dúas foron separadas de pequenas, pero por casualidade, atópanse de novo cando xa tiñan quince anos. Sorprendéronse ao verse polo seu parecido (a pesar de que unha delas era morena, e a outra branquísima) e, sobre todo, porque tiñan dous colgantes semellantes. O colgante de Ariana, a morena, tiña forma de sol, e o de Anaira, que tiña unha branca pel, era dunha lúa crecente.
Pouco a pouco descubriron que ese colgante tiña un algo especial que as unía, pasándolle a unha, o que lle tiña que pasar á outra. Déronse conta cando Anaira soñou que se rabuñaba cunhas ramas correndo por un bosque, fuxindo de si mesma, e Ariana se levantou cunha ferida na meixela.
Intentando descubrir o que lles pasaba, acabaron sabendo que estaba nas súas mans algo moi importante: salvar a beleza de toda Galicia.
Atoparon o bosque có que Anaira soñaba, e unha porta que unha das dúas tiña que cruzar. A que entraba, sacrificaríase; nunca podería saír. Ariana quedouse pensativa, e pediulle a Anaira que pasase ela. Enfadouse, pero tiña que facelo. Non se podía permitir perder as paisaxes galegas tan ben descritas por poetas como Rosalía de Castro. Unha intensa luz iluminouna e atopouse de novo no bosque, pero xa non estaba Ariana. Sacrificárase por ela e non se despediran. Nin sequera lle deu as grazas. Volveu á súa casa, todo seguía como se Ariana nunca existise.
A miña avoa contábama moitas veces. Díxome que a súa avoa chamábase Anaira, quizais todo ocorreu de verdade? Teño que irme, quedei coa miña amiga Airam. A miña avoa di que nos semellamos moito?
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios