pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Santiago destino Cancún

Autor:
María Xosé Ónega Folgueira
Fecha de publicación:

Ogato estaba durmindo no tellado. Era un día de moita calor e o gato desprezouse lento e felino, botou unha ollada indiferente o seu redor e decidiu que era hora de baixar. Tal vez pensou que era a hora en que Maruxa adoitaba verter un pouco de leite tibia no seu prato, desconchado e sucio, ao lado da porta da aira, por onde só pasaban os da casa.

Ou tal vez o gato non pensou nada.

O gato baixou lento e desganado. Era un gato vello, levaba xa uns oito anos na casa, dende que o encontrara o tío Xenaro na palleira nova, abandonado dunha nai probablemente apática e descastada. «A este gato hai que darlle de comer», mandara o tío Xenaro. E o gato quedara na casa, inconsciente do seu destino salvado. E agora a filla de Xenaro, a Maruxa, bótalle cada día o leite que sobra do seu café da tarde.

Pero esa tarde ninguén sae a botar o leite no prato do gato.

No aire quente da tarde soben voces de homes que soan case a golpes, mesturadas co rumbar persistente de tractores lonxanos: «...faltan, non xa non están...». «Pois estaban...». «Os cartos faltan...», «...tiveches que ser ti», «... ben se ha de saber quen foi...». Vai cedendo despois a rabia, as voces soan menos fortes: «...como imos pagar agora, xa puxeran todos os veciños...», di o acusado, «Onte mandei a parva da miña filla, levaba o noso e máis o dos do Campo, daquela aínda estaban, tiveches que ser ti...», di Xenaro, «Estaban na túa casa», «Ben se ha de saber quen foi».

Anne Neilson, xove azafata do voo IB-6401, entre Madrid e México, ordenaba rápida e experimentada os agasallos e bebidas do seu carriño ao tempo que examinaba á clientela do día. Unha muller morena, en asento ventanilla, miraba entre aterrada e curiosa o mundo dende as alturas. Apertaba nas súas mans un bolsiño e máis un folleto de propaganda «Rivera Maya: sol y playa». «Esa nunca saíu da casa», pensou Anne, en sabe Deus que lingua. Era certo, Maruxa de Xenaro nunca saíra da casa e soñaba con unhas vacacións a pura praia, -así dicía o folleto-. Demasiada tentación...

Esa tarde ninguén botou leite no prato. O gato deu volta lento e frustrado. Era unha tarde de moita calor.

 

ENVIAR NOTICIA  

Santiago destino Cancún

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:

Relacionados de la noticia

 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.