Aquel era o primeiro verán que Xiana pasaba na casa dos avós. Acostumada como estaba á vida da cidade, todo o que había na aldea era aburrido para ela. Pero todo cambiou o 23 de xuño...
-Veña, Xiana, érguete- eran as doce da mañá e a avoa viñera a espertala.
-¡Avoa! -protestou Xiana- ¡aínda é moi cedo!
-¿Cedo? Pero filla, ¿non sabes que día é hoxe?
-Mércores -dixo Xiana con retranca.
-Hoxe é o día de San Xoán -dixo a avoa sorrindo- Bule, ¡que temos moito que facer!
Xiana non entendía o porque da alteración que había ese día, pois o San Xoán non tiña para ela nada de especial. Pero máis sorprendida quedou cando ás sete da tarde a avoa lle dixo que a acompañara a buscar flores.
Entón a avoa contoulle que o día de San Xoán era o máis longo do ano, que a casa se adornaba para espantar as meigas e que se recollían flores, se metían en auga e á mañá seguinte lavábase a cara con esa auga.
Esa tarde preparou a auga de flores co avó, adornou a casa coa tía e axudou a facer a cea. Pola noite comeu sardiñas con broa, saltou a cacharela tres veces e pediu de desexo poder volver ao San Xoán o verán seguinte.
Pola mañá logo de lavar a cara coa auga de flores, Xiana dixo:
-¡Que gusto poder ser galega e desfrutar do San Xoán!
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios