pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

vía secundaria | Capítulo XXIII Música entre as matogueiras

Autor:
An Alfaya
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 22:29 h

Ocabo Moure retrocedeu cando, a piques de afastarse da vivenda do accidentado, e tras obter o silencio como única resposta ás súas timbradas, cos pés no relanzo das escaleiras que comunicaban o portal de acceso á finca coa porta principal da casa, escoitou o son dun teléfono que proviña do interior. Detívose e volveu subir os chanzos de dous en dous e pegou a orella á folla de madeira co gallo de escoitar se alguén contestaba, mais o son detívose uns segundos e repetiuse sen que voz algunha fose captada polo seu oído.

Convencido de que non había ninguén na vivenda baixou a trote as escaleiras e camiñou en dirección ao coche estacionado ante a casa coa intención de circular cara ao cuartel. Consultou o seu reloxo e pensou que o cabo Novas estaría chegando.

Se Obdulia non tivese por costume levar os auriculares nas orellas escoitaría a primeira chamada telefónica do cabo Novas dende o móbil do seu pai, e logo, se se atrevese a abrir a porta aos descoñecidos, pois recibiría información sobre a sorte que correra Anselmo naquel amencer, en aparencia igual a calquera outro, pero na práctica ben distinto.

Bastaría con que vencese a súa resistencia e recibise ao cabo Moure, para coñecer de primeira man que o seu pai estaba accidentado no hospital, e por tanto, cando soase o teléfono fixo e contestase, podería atender unha chamada procedente da fábrica onde Anselmo traballaba como operario, e manter unha conversa moi semellante á que sigue:

?Bos días. Chámoa dende o polígono de Xires, ¿é o domicilio de Anselmo Santomé?? preguntaría unha voz afrautada.

?Son a súa filla? respondería ela?. Precisamente acaba de comunicarme un axente que sufriu un atropelo a un par da quilómetros da casa indo para o traballo.

?Pois ese é o motivo da miña chamada ?continuaría o seu iterlocutor?. Trátase dun operario moi puntual, e en case trinta anos de servizo á empresa non faltou nin un só día. Porén no departamento de persoal estrañounos a súa ausencia. ¿Foi moi grave?

?Non lle sei? pecharía ela a conversa?. Vou pedirlle ao axente se é tan amable de levarme ao hospital.

O desenrolo deste diálogo, que provén dunha simple hipótese, podería ter acontecido, e de ser así, nin Obdulia estaría planeando abandonar o domicilio paterno, nin na empresa de Anselmo se preguntarían que podería ter acontecido para que un obreiro tan cumpridor faltase ao seu posto de traballo sen avisar, nin o cabo Moure conduciría cara ao cuartel coa sensación do deber a medio cumprir.

De feito o cabo Moure circulaba amodo pola vía secundaria, pois aínda que a chuvia amainara, a estrada presentaba restos de xeo que comezaban a derreterse. Acendeu un pito e abriu a ventá co gallo de liberar o fume do interior do vehículo e recordou a actitude un tanto prepotente do seu compañeiro, ao que en máis dunha ocasión tivera que cubrir diante dos seus superiores, esquecéndose ás veces dos dereitos dos detidos, e acudindo a prácticas pouco ortodoxas para obter información de xeito máis rápido, que non sempre máis eficaz.

Nestas cavilacións andaba cando creu escoitar o son dunha música procedente do exterior. Estrañoulle, porque arredor só había árbores e matogueiras sobresaíndo polas beiravías, e coa néboa case que disipada non distinguiu a ningún transeúnte nin coche algún detido nas marxes. Baixou co gallo de botarlle unha ollada ao terreo, pensando que quizais o son o orientase e canto á procedencia, mais en canto puxo os pés no asfalto, dende a emisora reclamaron a súa presenza nun punto quilométrico próximo.

 

ENVIAR NOTICIA  

vía secundaria | Capítulo XXIII Música entre as matogueiras

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.