pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Vía secundaria | Capítulo XVIII Negando a realidade

Autor:
An Alfaya
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 20:25 h

Nora espertou co corpo entumecido dentro do coche e tardou uns segundos en que as súas neuronas atinasen a darlle a información precisa da súa situación. A dor nas extremidades inferiores acentuárase e activou o resorte da memoria inmediata. Axiña foi consciente da delicada posición na que se atopaba: afastada do mundo e con escasas probabilidades de ser localizada.

A forte chuvia dera paso a unha lene poalla, e a néboa no alto comezaba a esvaecer. Sentiu alivio ao decatarse de que había unha pequena posibilidade de que algún condutor ou transeúnte suicida asomasen ao barranco e reparasen no seu vehículo. Resultoulle natural aplicar o termo suicida a calquera camiñante que se lle ocorrese ir por unha vía tan estreita nun día como aquel, e serviulle para reafirmarse en que o único responsable daquel estúpido atropelo fora o vello.

?¿Por que se meteu diante do meu coche?? atinou a murmurar rabiosa, golpeando o volante coas mans con acenos furibundos.

Negando a realidade, a súa realidade, negaba así o sentimento de culpa, porque o que non desexaba recordar e aceptar era que, despois de atropelar ao vello e ao seu acompañante, cometera un primeiro delito coa omisión de socorro, e o segundo, cando, impulsada polo pánico, polo desconcerto, pola ansiedade ou por un instinto primitivo, no canto de axudar, ou no mellor do caso, non axudar e marchar, escolleu a opción máis retorcida, a única estatisticamente improbable, á que calquera cidadán no seu san xuízo non recorrería, é dicir, a de tentar rematar aos accidentados para selarlles a boca e non deixar testemuñas da súa covardía e da súa mala entraña.

Pensou que pasara moito tempo dende que quedara durmida ata o intre de espertar, quizais porque xa non chovía. Lembrou que os seus ollos repararan no reloxo do coche antes de pechar as pálpebras, mais verificou que a hora se mantiña inalterable. Estaba parado. Trasladou a ollada ao seu reloxo de pulseira e sorprendeuse ao comprobar que dende que saíra da súa casa esa mañá ata ese intre aínda non pasara nin unha hora. Nunha hora a súa vida mudara completamente, de tal xeito que perigaba a súa existencia. Nesa mesma hora, dúas vidas que transitaban por unha estrada estreita entraran nunha ilóxica espiral de destrución. E o resto do mundo podería seguir funcionando se calquera deles desaparecese, mesmo nalgún caso ata provocaría alivio. ¿A quen podería interesar rescatar da nada a unha alcólica que enganaba decontino a súa familia? ¿A Román, a Helena? ¿Sería traumática a súa desaparición, a súa morte? E o vello, ¿sementara estelas de afecto nos seus ou pola contra faíscas de odio?

Nora non podía saber que o único inocente naquela contenda era Rodolfo, un can palleiro, fiel ao seu amo, e ninguén o tería en conta. No reino dos vivos nin sequera Obdulia vertería unha bágoa por el, porque sempre fora a sombra do seu pai, e ¿onde se viu que unha sombra poida existir sen a presenza dun corpo que a proxecte? En nalgures.

Nora divagaba, indo dunha idea a outra, á desesperada, con sede no padal e na gorxa, agora que a auga non lle mollaba a cara. Fitou a radio. Con esforzo achegou unha man co gallo de accionar o botón de acendido. Unha música atronadora profanou o silencio do cavorco. Quixo baixar o volume, pero nun arrinque de lucidez comprendeu que esa podía ser a súa salvación. Deixaríaa acendida ata que a batería do coche aguantase coa intención de que o son chegase á altura do terraplén, e cubriu as orellas coas mans para que non lle estalasen os tímpanos.

 

ENVIAR NOTICIA  

Vía secundaria | Capítulo XVIII Negando a realidade

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.