pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

vía secundaria | Capítulo XVI Sementando dúbidas

Autor:
An Alfaya
Fecha de publicación:

Ocabo Novas achegouse aos sanitarios que inmobilizaban ao ferido nunha padiola, co gallo de resgardalo no interior da ambulancia e trasladalo ao hospital máis próximo.

-¡Menos mal que a chuvia está amainando!- comentou un deles.

-¿Sairá desta?- interesouse o garda civil.

-É cedo para sabelo- dixo o sanitario con cautela-. Ten moitas mazaduras no corpo e un forte impacto á altura do peito; presenta problemas respiratorios e unha marcada arritmia. Da a impresión de que padecía dalgún mal de orixe cardíaca, e xa non é ningún rapaz; ademais, estivo exposto á balloada, e pode que pillase un arrefriado que dexenere en pneumonía...

-¿Está consciente?

-Ata hai un intre murmuraba algo entre dentes, pero sofre ataques espasmódicos e queda sen forzas. Ao primeiro non conseguía entendelo, mais eu xuraría que se refería decontino a unha muller.

-Pode que estea chamando pola súa.

O sanitario engurrou o cello, pregou os beizos e rascou o cocote, ao tempo que movía a cabeza cun aceno de dúbida.

-Quizais, mais cando a nomeaba repetía a palabra, ¡ela, ela...!, e nos seus ollos non había amor, senón pánico. ¿Están seguros de que foi ese tipo quen o atropelou?

-Chamounos el mesmo... Aínda que insiste en que conducía amodo polo mal tempo e polas condicións da estrada, e que en ningún momento viu ningún corpo erguido, vamos, as típicas escusas de quen non quere cargar co morto.

O sanitario non se cortou en expresar as súas teorías.

-É evidente que o can foi atropelado, porque o pobre quedou irrecoñecible, feito un envurullo de vísceras, pero o home ten unhas lesións que non se corresponden cun atropelo ao uso. Presenta un forte impacto lateral, mais as rodas do coche non lle pasaron por enriba, e ten as roupas esgazadas como dun arrastre... Sen embargo non consigo explicar as marcas que amosa á altura do tórax, case no pescozo, como se estivese encollido, cando polo sentido da circulación o impacto tería que ser costal.

O cabo Novas tomou nota mental daquela información, botou unha ollada ao nesgo a Hilario, que se mantiña erguido a escasos metros, próximo ao coche, escoitando en silencio a conversa, estrañado polas palabras do sanitario, e aliviado en parte ao caer na conta de que o morto fora o can. Mentres o lesionado era finalmente introducido no interior da ambulancia, o Garda Civil achegóuselle e volveu interrogalo:

-¿Viaxaba vostede só?

Hilario asentiu.

-¿Logo non colleu a ningunha rapaza facendo autostop, ou...?

-Seguro.

-O ferido murmurou varias veces a unha muller- continuou o cabo endurecendo o ton-. Pode ser que teña que ver coa súa muller ou con calquera outra, pero tamén con algunha que garde relación co atropelo, ¿non lle parece?

Hilario permaneceu mudo, sen saber que contestar. ¿Seica aquel tipo uniformado pretendía enredalo? ¿Con que obxectivo? El comportárase como un bo cidadán nun caso semellante. Non se dera á fuga como moitos desalmados despois dun desafortunado accidente como aquel. Certo que non se atrevera a acercarse aos corpos, asistilos e prestarlles os primeiros auxilios, pero iso non fora por falta de humanidade, senón por pouco estómago, máis nada.

-¿Se levase a unha muller comigo, por que ía ocultarllo?

-Pode haber varias razóns. ¿Quizais porque conducía sen carné ou non tiña idade para conducir? ¿Ou porque se trataba dalgunha amiga coa que tiña tratos, e non lle convén que chegue a oídos da súa? Dígamo vostede.

O interrogatorio quedou interrompido porque nese intre achegóuselles o outro garda civil.

-Temos as pertenzas do lesionado.

 

ENVIAR NOTICIA  

vía secundaria | Capítulo XVI Sementando dúbidas

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Sementando dúbidas

Relacionados de la noticia

 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.