pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:pastilla_superior:ahome
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Cora

Autor:
Alba Payo Froiz
Fecha de publicación:

Cora levaba todo o verán preparando o seu disfrace. Este ano o premio tiña que ser seu. Sabía que o entroido no seu pobo estaba practicamente morto, pero a súa obsesión por gañar rozaba a enfermidade compulsiva. O modelo estaba decidido, as horas de verán que lle sacou á praia tiñan que dar o seus froitos. O martes era o día D para ela. Para outros unha ocasión de visitar un carnaval con xeito en Xinzo ou Verín, pero Cora tiña que estar aí diante de catro veciños que apenas apreciaban a obra de arte que construíra.

O traxe era perfecto, de coiro como o orixinal, valéralle máis do que podía recibir co primeiro premio. O mono de moteira amarelo de raia negra sentáballe de vicio. A catana parecía feita polo propio Hattori Hanzo, pedíraa ao mesmo Xapón cando decidira gañar o concurso. Tinguírase o pelo de rubio e fixera o mesmo corte que Umma tiña na película, e o mellor, o que completaba a súa vestimenta era a furgoneta que tuneara a modo da Pussy Wagon.

Ás cinco da tarde do martes, a hora da collida do toureiro Ignacio Sánchez Mejías, Cora arrancou a súa propia Pussy Wagon como a verdadeira Beatrix Kiddo. Dirixiuse á praza do Concello. Na zona un rebumbio de xente arremuiñábanse ao redor das poucas máscaras que se concentraban debaixo da carpa onde estaba instalado o palco provisional. Unha voz ordenou que primeiro desfilasen os participantes individuais. Diante de Cora colocouse un home hamburguesa de gomaespuma acompañado por un cadeliño que levaba ao seu redor un incómodo pan de espuma coma se fora un «perrito quente». A xente íase achegando, curiosa ante a posibilidade de deixar fuxir o aburrimento que asolagaba a súa vida cotiá incluso nun día de entroido non diferente.

Era o momento de Cora, achegouse coa súa Pussy Wagon, baixouse dela como a Mamba Negra e ante as miradas de indiferenza e as risas do público que cría que debían aplaudila polo seu gran disfraz, actuou. Sacou a catana e nun arrebato tarantinesco comezou a abrir barrigas, cortar brazos, degolar pescozos. Nas pozas de sangue que se formaban no chan esvaraban aqueles que tentaban fuxir do fío da súa peculiar espada. «Merezo gañar: son Beatrix Kiddo».

 

ENVIAR NOTICIA  

Cora

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:ahome
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:ahome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:ahome
LVDG_PUBLICIDAD:11:ahome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.