Pan, pan, pan.
Foron as súas últimas palabras antes de que o seu rostro tornara en violeta escuro, botase a súa lingua latexante, entornara os ollos para inmediatamente abrilos máis que nunca, e sinalase cara o interior da súa boca aberta dunha cuarta.
Perdera ao xogo da ruleta rusa dos pementos de Padrón e xacía case inconsciente sobre do mantel de cadros laranxa.
Din que antes de morrer ves a túa vida coma se dunha película se tratase, sen voz en off, sen subtítulos.
Mais, Todesinda era de Caraña, era doutra caste. ¡Ela non vira nin película nin farrapos de gaitas! Se Todesinda dicía boi, non era vaca.
Gustáballe telo todo controlado: baixar as escaleiras de dous en dous chanzos, almorzar tres galletas e media (a outra media quedaba no fondo da cunca do café); e, antes de saír vender á feira, abría o dicionario deixando caer o seu dedo ao chou sobre unha palabra con poderes paranormais? a palabra esotérica adiviña do futuro.
O normal era que ante os seus ollos aparecese a verba queixo , o que quería dicir que se ía producir un aumento nas súas vendas. Ou o tan repetido madrugar , un augurio de que Isolina (a dos ovos) estaría na única esquina con sombra de toda a feira a non ser que Todesinda acelerase coa súa furgoneta.
Pero, aquel fatídico día a palabra maldita foi aciago : que trae consigo a desgraza.
Pasou o día cun ruxe ruxe na cabeza agardando pola suposta catástrofe.
Chegou a hora de encher a barriga e semellaba que o que ela cría como algo tan fiable non o era en realidade. ¿Por que se ía preocupar por lerias inventadas? -pensou-.
Serviuse unha copiña de licor café e deixou que, por unha vez, lle colocaran o prato diante?. mmm? cachelos, polbo e pementos desfilaban pola mesa emanando o seu cheiro.
Foi decorando o bordo do prato cos rabos dos cinco primeiros pementos, ata chegar ao número 6, ao aciago número 6.
Todesinda só alcanzou a ver fume, moito fume que saía pola súa boca e orellas. Non viu película algunha.
Todesinda estaba feita doutra pasta?
Agarrou o touro polos cornos e pediu pan, non papas.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios