pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:pastilla_superior:ahome
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Seguir vivindo

Autor:
María Martínez Sande
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 21:52 h

Elena abriu os ollos de novo. Seguía alí. Pestanexou varias veces, desexando aparecer na súa casa, pero nada. Aínda estaba alí. Cando miraba víao todo negro, era o mesmo que non mirar. E por riba aquela sensación de ingravidez, flotando no baleiro, e ben podía esforzarse, que non avanzaba.

Ela sabía que agardaba nunha cama, no hospital, a que rematase a operación, pero non, se estaba durmida ou morta. Temía espertar, ou non espertar. Aterrorizábana ámbalas dúas cousas, sempre que foran un indicio de que xa non viviría. Aínda que quizais non estaba tan mal morrer? Pensándoo ben, case odiaba a súa vida.

Odiaba que falaran da súa operación polo baixo, como se fose tan parva como para non comprender que quizais morrería; odiaba escoitar aos seus seres queridos chorar por ela, pola súa culpa; odiaba que a xente a mirase como dicindo:

«Pobre, o que lle espera» e mentres dicían nun ton falso que todo ía saír ben?

Todos sabían que a súa operación era como guindar una moeda ao aire, pero actuaban como se non fose verdade e como se Elena non o soubera.

Si, quería morrer. Agora que o pensaba, era o mellor?

Deuse una bofetada.

«¿Pero que estás a pensar?»?díxose ? ¡Sempre ten que haber una solución mellor ca outra!

«¡Non podo morrer, aínda me queda moito por vivir!»

Pechou os ollos, con forza.

Entón, pasou algo moi estraño, os seus pés tocaron o chan. Abriu os ollos. E viu. Viu fogonazos infinitos de cores, que formaban imaxes incomprensibles que cambiaban constantemente, de dentro a fóra, sempre coa sensación de ir cara adiante, ata que a seguinte cor foi branca. E entón xa non estaba de pé, senón deitada, deitada na cama do hospital, sentindo de novo os latexos do seu propio corazón.

Mirou ao seu redor. Os médicos mirábana, sorrintes, conscientes de que ela sabía que a súa vida sería distinta. Entón, Elena pechou os ollos, feliz. Xa non tiña que ter medo. Medo de abrilos e non ver nada.

 

ENVIAR NOTICIA  

Seguir vivindo

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:ahome
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:ahome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:ahome
LVDG_PUBLICIDAD:11:ahome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.