pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:ahome
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

A casa dos do Cumio

Autor:
Estevo Silva Piñeiro
Fecha de publicación:

Andrés era a cuarta xeración que habitaba naquela casa. Sempre se consideraron uns privilexiados, pois dominaban o punto máis alto do pobo, e con el, as mellores vistas da ría que se podían atopar nese lugar. O seu bisavó xa fora un tío listo, en lugar de facer a casa abaixo, coma todos, buscou outro punto de vista diferente ao dos demais; pode que tivese que subir uns metriños máis de costa arriba pero a calma e a paisaxe que tiña non había quen as pagase. Tanta era a risa que espertaba nos seus amigotes cando tiña que irse para a casa despois dunha gandaina que acabaron chamándolle Pepe «o do cumio», pois chegar ao fogar neses estados era o mesmo traballo que escalar unha montaña. E así «os do cumio» fixéronse unha familia con alcume e con solera. Tamén o seu propio avó pasara algún atranco por mor da ubicación do seu fogar. En plena guerra civil española, foi obrigado polo bando nacional a compartir parte da casa para funcións de vixilancia e como base de combate contra os maquis durante case nove anos. En pago aos seus servizos, os franquistas puxéronlle unha placa conmemorativa co escudo de falanxe que o seu avó rompeu esa mesma noite. Ao día seguinte foi denunciar ao cuartel da garda civil que «algún bolxevique estragara o precioso recordatorio que lle agasallaran». Anos máis tarde, o seu pai, un próspero traballador dunha empresa téxtil, quixo gastar unha boa morea de cartos en reformar a casa, que por outra banda xa pedía unha man de pintura. Poucos días despois de pedir o préstamo para a devandita reforma, a empresa na que traballaba quebrou, mandando o home da casa á rúa e ás portas do alcolismo. Andrés, que só tiña quince anos, veuse obrigado a deixar os estudos para poder axudar aos seus pais a tirar cara adiante. O seu pai quedou no camiño antes de conquerilo; no hospital dixéronlles que fora dunha parada cardíaca, Andrés estaba seguro que fora de tristura e culpabilidade. As cinzas do seu pai fundíronse coa pequena horta da súa casa. Hoxe, ante a negativa de vender, Andrés ve como lle levantan un enorme edificio de doce pisos diante da casa, estragándolle o mellor que tiña neste mundo, as preciosas vistas, e os esforzos de varias vidas. Farto de loitar contra xigantes, esa mesma mañá dispúxose a entrar no despacho da construtora para vender por unha miseria «a casa dos do cumio».

 

ENVIAR NOTICIA  

A casa dos do Cumio

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:ahome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:ahome
LVDG_PUBLICIDAD:11:ahome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd