Acto I: Farsa ou tolemia
(camisola frouxa, e saia cor azafrán bicando o cemento. Cambiou o xaroto á man esquerda; facíao decote nas largas parrafeadas.
Un sorriso lascivo exhibiu a man que durmía naquel fume vaidoso. Amosaba aqueles dedos truncados con porfía, coa actitude tráxica do guerreiro veterano. Dúas copas, dúas cadeiras.)
-Son relixiosa, de seguro que o son. A doutrina dunha vida nos lindeiros: o Código do Samurai, o vivir nos hoxes sucesivos a día vindeiro. A lei do corpo; a ialma cala, estarrecida por un final de mañás que seguen e preceden. Os meus homes, Percibais, Galahads, Lanzarotes; eu son o seu Grial, eles veñen famentos na miña procura.
(Fica á fin en silencio, a sandalia danza nun ir e vir sen tino. Da outra beira da rúa home e panza víranse, engaiolados polo baile pagán daquel zapato.
No vidro, repeniques cor azafrán aquelan a terraza deserta. Só predicadora e homilía, fronte a fronte nun espello. Unha soa copa, copa e sombra no vidro da fiestra. Fronte a ela o saloucar dunha cadeira baleira). * * *
Acto II: Soidade
(Noitiña. Unha sombra cor azafrán deambula de habitación en habitación. Sempre ela, só ela, ela soa.
E cilicios que non arrincan laios, mais tecen baleiros. Pero antes a confesión, antes a verdade, o arrepentimento.)
-Poñerei as luvas.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios