O piso non é grande, con espazo xusto para unha familia: ao final do corredor está a porta da súa habitación, do que hai anos é o seu recuncho de vida.
Lembro, hai tempo, cando para nós cruzar aquela porta era entrar nun mundo de segredos, tesouros e lendas dos tempos de cando Ela aínda era nova; tan só con estar alí dentro, ao seu carón, escoitándoa, eu xa era feliz, sentíame más Ela ca nunca, sentía que era parte dela.
É a miña tía a que me abre a porta, están todos no salón falando baixiño, como se ao alzar a voz a fóramos a espertar dese soño que hai meses se perdeu, miro os ollos de cada un deles que, intentando aparentar normalidade, fan un esforzo por sorrirme.
No medio de todos eles está el, o seu sorriso lle sae de dentro, rise para min e, por un momento, penso que prefiro non seguir ata o final do corredor... Prefiro quedar aquí, con el, xogar un pouco e sorrir sen parar, mirándoo.
O meu afillado, ese pedaciño de ceo que alguén enviou para ensinarnos que nesta vida todo é un ciclo; uns vanse, mais outros aparecen nas nosas vidas para darlles sentido. E eses «outros» que aparecen non deixan de ser máis ca unha herdanza coa que nos agasallan eses «outros» que marchan.
Ao fin decido achegarme á porta da súa habitación, esa a medio pechar; pecho os ollos e empuxo con tino de non facer ruído, ábrese ante min a realidade que nunca desexei ver, síntoa ao meu carón, abro os ollos e alí está Ela, deitada, serea, ten os ollos pechados e durme nun soño plácido do que sabemos que xamais vai espertar; eu tamén o sei, aínda que non quero asumilo, non quero renunciar á súa presenza, á súa voz, renunciar ao seu sorriso, renunciar a ter as súas mans entre as miñas...
Sei que xa é o fin. Poño a miña man sobre a súa e as bágoas comezan a escorregar polas meixelas, é a miña despedida.
Lémbroa antes de que a enfermidade fixese estragos, antes de que xa nin soubese quen era, de que todos a viramos morrer aos poucos; entón lembro á miña avoa, a Carmen de Rivas, á muller loitadora, á filla, á irmá, á nai, á avoa. Esa era a verdadeira Ela.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios