pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:ahome
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

O orfo

Autor:
Rafael Corral Escribano
Fecha de publicación:

O dono morreu, xa era vello, coma el, doutro tempo que xa non voltará. Botaríao de menos, rematouse percorrer as corredoiras nas tardiñas de verán. Viñeron os fillos á aldea, fixéronse as partixas.

A casa venderíase, igual que as leiras e os animais da pequena granxa. De valor había pouco máis, algunha xoia, un par de contas no banco con aforros máis ben escasos. Logo quedaba el. Para a cidade ninguén o ía levar, non era o seu sitio, imposible telo alí con tanto coche e rúas ateigadas. Vendelo, case imposible, os poucos que quedaban na paila xa tiñan un e era dabondo, non darían un peso. Regalalo, a quen, quen o ía de manter co choio que daba a súa idade. Decidiron que ficase alí, á súa sorte, a natureza faría o seu traballo. Non o levaron o enterro, curto e de escasa concorrencia; cando era novo si que o levaban. Daba moita prestancia. Pecharon a casa, o alpendre. Quedou todo como un cadaleito xigante, triste e maxestoso. A el sacárono do garaxe a empurróns, non quería moverse, ancorado no recordo negábase a camiñar. Deixárono a uns metros da casa nun campo de grelos. Non había xeito humano de movelo máis. Arrancaron os coches de volta á cidade, ningún se xirou a darlle un derradeiro adeus, co que disfrutaran del cando eran novos. Xa era noite e cando os faros se perderon nunha volta da estrada fíxose a escuridade total. E quedou só, para sempre, só, pensaba en aquilo que dicía o dono ás veces: «E nos fomos quedando sós, o mar, o barco e mais nós...». Non lembraba o resto. Agora, nun campo amarelo en medio de ningures, un tractor John Deere chora aceite nun silencio de pistóns.

 

ENVIAR NOTICIA  

O orfo

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:ahome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:ahome
LVDG_PUBLICIDAD:11:ahome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd