pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:ahome
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

O soño de Salma

Autor:
Helga Peña Díaz
Fecha de publicación:

Nunhas vacacións de verán, Salma e os seus pais foron uns días a un parque de atraccións.

Nel había catapultas, norias, xogos de auga e tamén un fato de tendas de bonecos de peluche nas que a nena non dubidou en entrar.

Nunha delas atopou un gatiño, branco e negro, e quedou prendada del dende o primeiro momento. Era un gatiño meloso, de tacto doce e ollos alegres. Salma abriu o seu moedeiro e mercou o tan ansiado peluche.

-¡Chamareite Silvestre!- dixo a nena.

Dende aquel día produciuse entre eles unha entrañable unión e todas as noites durmían xuntos agochados entre as mantas.

Así pasaron varios días e varias noites de verán, xa se achegaba o outono e empezou o colexio. Salma estaba moi emocionada por volver ver aos seus compañeiros e moi feliz por comezar, e púxose a durmir de contado.

Pero aquela noite non foi coma as demais porque Silvestre, coa súa patiña doce, comezou a acariciarlle a meixela e coa súa lingua áspera lambeu á nena por toda a súa cariña.

Nese intre ela abrazou aínda máis forte o seu gatiño e sentiu que era o momento máis feliz da súa vida. Xogaron cos outros peluches da habitación, coa pelota saltarica, cun nobelo de la que tiña Salma para facer bonecas... ata que por fin caeron rendidos agochados entre as mantas.

A mañá seguinte as súa nai foi espertala para ir o colexio.

-¡Arriba que xa son as oito!

Salma espertou ao momento e non dubidou en buscar a Silvestre, que estaba ao seu lado, coma sempre, doce, suave e brandiño coma un peluche.

Aínda tardou uns segundos en percatarse de que toda fora un soño, pero tamén está segura de que nunca o esquecerá.

 

ENVIAR NOTICIA  

O soño de Salma

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:ahome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:ahome
LVDG_PUBLICIDAD:11:ahome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd