pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:ahome
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Flores deste mundo

Autor:
Carlos Pérez Seara
Fecha de publicación:

A madrugada do luns era o mellor momento para saltar a tapia do cemiterio. Unhas horas antes, a xente comunicábase cos seus defuntos adornando con flores sepulturas e nichos, impregnando aquel recuncho dunha estraña melancolía. Como cada noite, Dodinel, o mozo co sorriso grande coma unha vida, pechaba a cancela da igrexa. Eran as doce, Enide sabíao. Pareceulle mancarse nun xeonllo cando aterrou no camposanto, un lugar lóbrego dende a bocanoite, para a ladroa simplemente un xardín das delicias. Non tivo que agardar moito para que os seus ollos penetrasen unha escuridade salpicada de candeas vermellas escoltas dun tesouro. Estalotes como campás durmidas, linguas de boi arrancadas do río, chuchameles que recendían a selva...

Semellaban flores aínda vivas bebendo da lúa. Ningunha espertaba tantos soños nela como a non me esquezas ou Myosotis . Gustáballe máis o nome científico dende que o descubrira na enciclopedia de follas húmidas e amarelas que tiña o cura na sancristía. Sacounas do seu berce de pedra e cando escalou de novo o valo, el aínda camiñaba polo carreiro de lama cara a súa casa.

-Dodinel -dixo Enide amagando un berro. O rapaz xirouse e por un intre pareceulle ver un rostro familiar e descoñecido á vez. Dunha cousa estaba seguro; era a moza máis fermosa de todo o firmamento. Vestida de branco con fíos de prata alumeando os seus pequenos ollos verdes agochados entre aquelas afiadas pálpebras de marmelo. Tiña a pel de neve e as mans preparadas para tocar antigas melodías xitanas.

-Quen es? Todo o mundo durme -suspirou o rapaz atemorizado. -Quérote -murmurou a rateira achegando os pétalos ao peito daquel mozo.

Non se dixeron máis nada. El colgou as flores coma morcegos no faiado. Ela marchou. Pasaron días, meses, anos, ata once lustros pasaron. Casou, tivo fillos, os seus fillos tiveron netos. Non volveu a vela. Foi a última vez que pechou a cancela cando apareceu. Donidel tiña 81 anos. Enide non avellentara, era tal e como a recordaba. Bicouno e soubo entón que a primavera comezaba hoxe.

 

ENVIAR NOTICIA  

Flores deste mundo

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:ahome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:ahome
LVDG_PUBLICIDAD:11:ahome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd