O Arousa ascende á división de honra de fútbol veterán a falta de cinco xornadas para o final da Liga

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

14 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Unha semana despois dos ascensos matemáticos do Xocas Café Bar, no Grupo 3, e do Fortuna San Martín, no 5, o Arousa converteuse no terceiro conxunto vilagarcián en acadar o salto de categoría. No seu caso, ao Grupo 1 ou división de honra das Ligas de Fútbol Veterán de Pontevedra. Un éxito que chega a falta aínda de cinco xornadas para a conclusión do campionato, logo do triunfo do Arousa por 3-1 sobre o cuarto clasificado, o C.M. Herbello, e do inesperado pinchazo do quinto, o Centro Penitenciario A Lama, no campo do Lácteos Prieto, 1-0.

No mesmo Grupo 2, o Vilalonga queda a un só punto de certificar tamén o ascenso pese a caer co San Adrián 1-3, mentres que o Soho Coffee desperdiciou unha boa ocasión de acercarse á cuarta praza ao non pasar do empate a 2 na casa co Boa Vila. Outros resultados: Sisán Deportes Piñeiro 6-1 Ambulancias Pontevedra; Dena 1-3 Albariño; e Ponte Caldelas 2-1 Caleiro.

A pasada xornada deixou sendos pinchazos dos dous referentes arousáns no Grupo 1 ante dous dos grandes da categoría: Cambados 1-2 Poio Sousa, e Mecos 1-4 Merendero. Rexistráronse ademais estoutros marcadores: Moraña 4-1 San Pedro; Portas 3-2 Vilagarcía; Campelo 4-1 Castrelo; e Cillero 2-4 Amanecer.

O Xocas comeza a disfrutar do seu ascenso matemático, e o pasado sábado empataba en Vilagarcía a uns co Moaña. Idéntico resultado ao colleitado polo Meaño en Portonovo. O Catoira voltou caer á zona de descenso ao perder 5-3 cun rival directo pola permanencia, o Xacobeo.

O San Martín non baixa o pé do acelerador, goleando 6-2 o Bar Miramar, co Joyería Riveiro rozando tamén o ascenso logo de superar 0-1 o Verduxo. O Bar Gento Abalo situouse por detrás de ambos ao vencer 3-0 o A Lama e aproveitar o empate a 2 do Cralem Nós co Mercarcón.

E no Grupo 6, o Salud Veteranos venceu 4-1 o Poio Monterrei, mentres o Armenteira perdía 3-0 co Montajes Iglesias.