«Intentaremos reactivar o campo de golf»

La Voz

PONTEVEDRA

12 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

1 O paro e a pérdida constante de poboación son as preocupacións fundamentais para calquera que teña intención de gobernar este concello.

2 En primeiro lugar intentaremos colocar ao noso concello á altura do século no que nos atopamos para que todos os veciños poidan disfrutar dos mesmos servizos, sobre todo, daqueles máis necesarios: alcantarillado, alumeado, beirarrúas decentes, recollida do lixo eficiente... Legalizaremos e poremos en funcionamento o centro de día, crearemos unha gardería municipal e espazos de ocio para os mozos. Tamén fomentaremos intercambios culturais con mozos doutros países e intentaremos reactivar o proxecto do campo de golf que tantos postos de traballo pode crear.

3 Poñer plazos para resolver o polígono non é tarefa sinxela. Nós soamente pedimos que nos dean a oportunidade de gobernar para poder intentar sacar este tema para adiante.

4 O feito de ter un dos balnearios máis punteiros de Galicia fai que miles de persoas visiten o concello ao longo do ano. Pero creo tamén que desde o goberno municipal pouco ou nada se fixo para que esas xentes que veñen a diario a Cuntis queden máis tempo aquí para disfrutar doutros encantos que ten a nosa vila e axudar tamén ao comercio local.

5 Non entendemos como os que agora protestan por todo iso non fixeron nada e estiveron calados mentras o PSOE e o BNG gobernaban en coalición na Xunta.

6 Sempre dixemos que para o único que servía ese pacto era para apartar ao PP da alcaldía que os veciños lle otorgaran. Sabíase perfectamente que elas non se ían a entender. Nunca o fixeran e a ruptura non foi máis que un capítulo do guión xa escrito.

pp antonio pena abal