«A celebración deixámola para cando chegue a nena»

Chelo Lago PONTEVEDRA/LA VOZ.

PONTEVEDRA

19 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Pontevedra conta cunha nova centenaria. Aínda que non o parece pola súa vitalidade e bo estado, Carmen Estonllo Fontán pertence a ese exclusivo clube. Onte cumpliu 100 anos e recibiu, na súa casa de O Marco, na pontevedresa parroquia de Tomeza, a visita do alcalde, Fernández Lores, que lle levou un ramo de flores. Rodeada dos seus familiares, foi quen de soplar as candeas que lle prendeu o rexidor, e demostrar moi bo humor. Ten dous fillos, dous netos e tres bisnetos, e a preferida é Xiana, a única muller nunha familia de homes. Vive co seu fillo Manuel, gustalle ver a televisión e escoitar a radio e non ten problemas de mobilidade. De feito, levántase pola mañá, fai a cama e máis a comida e outras tarefas domésticas, vai a perruquería de vez en cando e tamén sae a horta a prantar alguna cousa.

-¿Como se atopa?

-Un pouco nerviosa porque cen anos son moitos e vai vir moita xente. Pero de saúde ben.

-¿Que lle regalaron neste día?

-Moitas flores e tamén moitas plantas, porque me gustan moito.

-¿Celebrou o día cunha comida especial?

-Hoxe non, imos poñer cousas de picar, pero a comida familiar deixámola para cando veña a nena -por Xiana, de 23 anos, a única bisneta, que estuda en Estados Unidos e que é o olliño dereito da centenaria-, e tamén os irmáns que teñen clase, están en Ponte Caldelas.