O alcalde de Ponte Caldelas, o popular Perfecto Rodríguez, afirmou onte que a empresa El Bosque está a buscar financiamento para o proxecto do hotel balneario do Verdugo. A preguntas dos xornalistas, o rexedor non se atreveu a dar un prazo para a continuación das obras, que no seu día foron suspendidas ao non estar asegurada pola Xunta do bipartito a licenza que afecta á zona rústica da parcela.
O político incidiu onte en que a iniciativa corresponde á empresa ao tratarse dun proxecto privado, aínda que declarado de interese público e social polo Concello e a Mancomunidade de Turismo Terras de Pontevedra. «A empresa está a buscar o financiamento unha vez resoltos os problemas administrativos. Niso está», dixo o rexedor. Perfecto Rodríguez recordou que El Bosque recibiu o pasado agosto a autorización autonómica para o hotel. «A situación económica non é fácil, pero antes ou despois conseguirán o financiamento», apuntou. As obras de construción do balneario do Verdugo paralizáronse hai agora un ano.
En breve os contactos recibirán en o seu correo electrónico un enlace á noticia
Grazas por usar os nosos servizos
Revise os seus datos e volva intentalo
Se se volve a producir un erro, é posible que o servizo está momentaneamente non dispoñible. Inténteo máis tarde.
Desculpe as molestias. Grazas por usar os nosos servizos